CEIP Ramón de Valenzuela

Chegou o Entroido o Ceip Ramón de Valenzuela

Chegou o Entroido o Ceip  Ramón de Valenzuela!!! Damos comezo a unha semana chea de actividades onde vos seredes os grandes protagonistas, estade atentos as nosas redes sociais que os teremos ven informados!!! E que viva o Entroido!!!!

(Imaxe do noso Hall adornado cas caretas feitas polo alumnado do noso centro)

 

"Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"

Lembrade que hoxe teremos unha nova emisión en directo do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"  da man de Rosalía e Brais. Podedes escoitar os podcast en Radio Garabullo. Non volo perdades!!!!

 

 

Peche da biblioteca

Lembramos a todos os usuarios da biblioteca "Garabullo" que este Mércores día 12 de Febreiro permanecerá pechada. Disculpen as molestias.

Deporte escolar

Este pasado martes celebrouse, no Polideportivo de Silleda, unha nova xornada de deporte escolar onde os protagonistas desta nova convivencia foron os nenos e nenas de 3º e 4º. Ao longo de toda mañá disputáronse varios partidos de fútbol sala, reinando a deportividade e o bo ambiente nas gradas.

Conferencia "A familia , a primeira escola das emocións"

Continuando a labor que está a desenvoler o CFR de implicar ás familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos, este próximo xoves 6 de febreiro celebrase no salón de actos do auditorio de Lalín ás 20:00 horas a conferencia "A familia, a primeira escola das emocións" impartida por Mar Romera aberta a toda a Comunidade Educacitva.

Iriña Bailarina 31-1-2020

Xa podedes acceder a un pequeno resumo da nosa sáida ao auditorio para ver a obra Iriña Bailarina coa que rematamos as Xornadas pola Paz.

Menú mes de febreiro

Ecovoz 2020

Xa podedes acceder aún pequeno resumo da experiencia dos nosos compañaeiros/as de sexto no programa "Ecovoz" onte nos estudos de Lalín.

 

30 de xaneiro dia mundial da Non Volencia e a Paz

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e Non Violencia no noso centro. Cada neno/a elaborou e decorou unha pomba na que lle dedicou a un compañeiro/a unha fermosa mensaxe.

 

Podedes ver no noso hall a exposición delas

 

Conferencia "Claves para unha boa educación"

Continuando a labor que esta a desenvolver o CFR de implicar as familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos, este próximo sábado día 1 de febreiro celebrarase no Museo Ramón María Aller de Lalín ás 17:00 unha conferencia impartida por Victor Arufe ca temática "Claves para unha boa educación" aberta a toda Comunidade Educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet