CEIP Ramón de Valenzuela

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE SOLICITUDE DE AXUDAS DA BECA DE COMEDOR ESCOLAR

 Estimadas familias.

      No DOGA  de hoxe, 30 de marzo, publícase a Orde de 27 de marzo de 2020 pola que se anuncian axudas para as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor, (usuarios gratuítos e semigratuítos que pagan 1 euro), durante a situación de suspensión do servizo como consecuencia do COVID-19

Ø          Esas familias poderán solicitar unha axuda que será de 2,50 € para os usuarios gratuítos e 1,50 € para os que pagan 1€, por cada día lectivo que non se fixo uso do comedor, dende o 16 de marzo ata o 3 de abril, en total 14  días. Tamén cubriría, nun segundo pagamento, ata o 1 de maio en caso de prolongarse a suspensión das clases. 

            As solicitudes presentaranse por vía telemática, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, desde o martes 31 de marzo ata o luns 6 de abril, ambos os dous inclusive. Para isto é preciso dispoñer de certificado dixital ou chave 365.   

             As familias que non poidan presentar a solicitude polo medio citado anteriormente e que queiran que se lle solicite desde o Centro deberán facernos chegar ao correo electrónico do colexio ceip.ramon.valenzuela@edu.xunta.gal  ,tan pronto como lles sexa posible (data límite día 3 de abril),  os seguintes datos:

-     Nome e apelidos do pai/nai/titor/a.(Titular da conta)

-     DNI.

-     Nome  e apelidos dos fillos/fillas indicando o tipo de usuario (gratuíto ou 1€).

-     Nº conta bancaria onde quere que lle ingresen os cartos (Especificar o banco a quen pertence a conta)

 Desexando que se atopen ben de saúde, enviámoslles saúdos.

O Equipo Directivo

AMPLIACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Segundo as instrucións provisionais do 13 de marzo de 2020 amplíase, provisionalmente, o prazo de presentación telemática e presencial das solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Novas de última hora

 Estimadas familias:

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia informou, no día de hoxe, que a partir do luns 16 de marzo e durante 14 días, suspénderanse as clases, como medida de prevención contra o Coronavirus.

Mañá venres 13 de marzo o centro estará aberto, aínda que non é obrigatorio a asistencia a clase.

 

Bandeira, 12 de marzo de 2020

 

A DIRECCIÓN

 

 

Primer contacto coa Prensa

Hoxe os nenos e nenas de tres anos disfrutaron dos xornais por primeira vez! Unha nova experiencia enriquecedora  dentro da Semana da Prensa que se está a levar dentro do noso Centro.

 

Unha nova vida para o lixo

Hoxe recibimos no noso centro dous lotes de contenedores (amarelo, verde, azul) que poñeremos no patio, dotando o colexio de dúas zonas para a recollida selectiva para o lixo. Desta maneira as nosos alumnos e alumnas terán os medios necesarios para poder separar dunha forma organizada concienciadose da importancia da Reciclaxe.

Todolos contenedores disporán dun cartel informativo lembrando o que se pode introducir nel.

CONTENEDOR AZUL

CONTENEDOR VERDE

CONTENEDOR AMARELO

O alumnado de segundo traballa coa prensa

O alumnado de segundo comenzou a traballar coa prensa coñencendo as partes dunha noticia, de maneira lúdica e divertida cos xornais dentro da aula.

(Podedes ver o seu traballo no hall do noso centro)

Semana da prensa

Unha vez rematado o ciclo de actividades dedicadas a Rosalía e a muller, damos comezo a unha semana onde a prensa inundará o pensamento do noso alumnado aportándolle unha visión máis global do mundo.

No hall do centro o alumnado disporá diariamente de diversos xornais no recuncho de actualidade

 

Rosalías 3D

O 8M representa a loita das mulleres pola igualdade. Entre outras actividades, este ano decidimos mesturar as novas tecnoloxías e elaborar as nosas propias Rosalías coa impresora 3D para convertilas en pequenos chaveiros que repatimos entre mestres, mestras, alumnas, alumnos así como persoal non docente.

 

Día non lectivo

Lembrámosvos que o vindeiro venres, día 20 de marzo, é o día non lectivo solicitado polo centro, polo que non haberá clases. Desexámosvos un bo descanso.

 

Bonecos de neve

Os nenos e nenas de Educación Infantil participaron no proxecto anual de centro "Desplastifícate" elaborando uns bonecos de neve para poñer fín o inverno.

 

Powered by Drupal - Design by artinet