Skip to Content

Actividades

Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro conmemoramos o Días das Bibliotecas cunha sesión de contacontos xenial!

Suso, Teresa e Natalia fixéronnos pasar un anaco do máis divertido contándonos as historias dun neno mooooi enfadado e unhas bruxas moi especiais! Graciñas!

Abride a fiestra

Como cada 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Este curso sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que leva por lema #AbrideAFiestra, que nos convida a pendurar das fiestras do cole un elemento representativo de Rosalía ou da súa obra.

Preme aquí para ver os nosos traballos

 

"Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar

...

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!"

María Reimóndez

Buscando as cores

O pasado venres viaxamos baixo un paraugas a lugares fantásticos para recuperar as cores...o azul do mar, o vermello dun volcán, o verde da selva!

Despois de ter que realizar moitas probas, conseguímolo!!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

O DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado 24 de outobro celebramos o Día da Biblioteca; cada curso desenvolveu unha investigación sobre temas diversos, utilizando como material de consulta os fondos bibliográficos da nosa biblioteca.Finalmente, elaboraron un pequeno mural.

As nenas e nenos de Educación Infantil descubriron como nacen as abellas.

Os de 1º, recolleron curiosidades de animais.

Os de 2º, investigaron sobre os dinosaurios.

Os de 3º, sobre o teléfono.

Os de 4º, sobre o telescopio.

Os de 5º, sobre a exploración espacial e os animais.

Finalmente, os de 6º, investigaron sobre os primeiros inventos.

Na seguinte imaxe, podedes ver os murais resultantes.

 

LECTURA COLECTIVA

Cando chega o bo tempo, os alumnos de 4º convértense en contacontos e len para os mais pequenos, é unha actividade mui especial porque disfrutan os lectores de 4º e ,por suposto, os nenos/as que escoitan. Este ano leron para os de Infantil. A actividade foi na biblioteca.

Aquí vos deixamos unhas fotos do evento.

BIBLIOTECE E SALA DE XOGOS

Dende o luns, día 21, está aberta a BIBLIOTECA E A SALA DE XOGOS á hora do recreo. Clica na imaxe

.

 

METÁTESE NO COLE

Este ano estreamos nova BIBLIOTECA, ou sexa a biblioteca que xa tiñamos trasladouse a outro espazo, agora está no edificio da entrada. Quedounos moi ben, é unha biblioteca mais grande e mais cómoda. E para inaugurala contamos, coma noutras ocasións, co grupo de teatro METATESE, que representaron para todos nos unha obra na que todos nos sentimos un pouco protagonistas. Pasámolo moi ben!!!

Grazas AFONSO, grazas METATESE por estrear a nosa biblioteca, deixarnos participar, invitarnos a xogar e sobre todo regalarnos tantos sorrisos e gargalladas.

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut