Graciñas, Ana Meilán, por viaxar connosco durante toda a mañá con esa maleta cargada de contos que tiñas para nós e por axudarnos a descubrir e crear bonitas historias!
No día de hoxe, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria coñeceu á escritora María Xesús Blanco. Despois de ter lido "O caderno de Rosalía", foi todo un pracer poder contar no cole coa autora do libro que respostou encantada a todas as nosas curiosidades.
Durante o terceiro trimestre deste curso, o alumnado de 5º de Educación Infantil e de 6ºB de Educación Primaria viaxaron arredor do mundo para coñecer distintas obras e artistas... queredes saber algo máis? Premede enriba de cada cadro e veredes cantas cousas curiosas vos contan!