Skip to Content

Infantil

Marcelle Natureza

O alumnado de infantil, 1º e 2º de educación primaria pasou un día xenial coñecendo moooitos animais en Marcelle Natureza.

Mirade, mirade!

 

O Enredo do Abelleiro

O alumnado de infantil pasou unha xornada xenial coñecendo o fascinante mundo das abellas no museo "O Enredo do Abelleiro", en Arzúa.

Ademais, envasaron o seu tarriño de mel e elaboraron candeas con cera.

Mirade, mirade!

 

Queremos vivir en paz.

As nenas e os nenos de 6º de Educación Infantil do cole de Palas envían unha mensaxe moi clara... non nos gustan as guerras!

Facemos chapas

Os peques de infantil tamén se apuntan aos Polos Creativos. 

Esta semana facendo chapas!

 

Ideas para un inicio de curso xenial!

 


 As nenas e os nenos de 5º de educación infantil tiñan mooooitas ganas de comezar o novo curso... aquí vos deixan unhas ideas para ter un inicio de curso xenial!

 

A música de raíz na escola

 Dende as montañas do Courel, visitáronnos hoxe varios membros da Fundación Legar, co seu espectáculo "A música de raíz na escola" financiado pola Deputación de Lugo.

O alumnado de infantil cantou, bailou, escoitarou e aprendeu que a nosa música ten a súa orixe nos sons da natureza... encantoulles!

 

Chapas

Os máis peques do cole crean as súas primeiras chapas con estes retratos tan chulos!

Despedimos o ano

Neste último día de curso do ano 2022 pasámolo xenial!

O alumnado de 4º, 5º e 6º gozou dunha xornada con baile, construción con Lego e xogos de pistas.

En 1º, 2º e 3º de educación primaria realizaron xogos de inverno, slime e robótica.

Os máis peques contaron con pintacaras e festaza de cumples do primeiro trimestre.

Dende aquí podes ver algunha imaxe.

Despois destes obradoiros, visitounos Papá Noel grazas ao Concello de Palas.

E para finalizar, despedimos o ano no comedor escolar coas tradicionais badaladas.

FELIZ 2023!!!

Preme aquí para ver fotos deste día!!

 

Saída Friol

O alumnado de infantil e de 1º de educación primaria visitou a fortaleza de San Paio de Narla e o Friulio... quedáronlles ganas de volver pero vestidos de castexos e    castrexas.

Mira dende aquí que ben o pasaron.

 

O son que me arrola

O venres pasado, o alumnado de educación infnatil gozou de "O son que me arrola"

A asociacion socio-educativa Antonio Gandoy ofreceunos unha proposta musical que achega aos máis peques a cultura tradicional galega da man dos cantos de berce, rimas e instumentación.

Quedamos marabillados... soamente hai que mirar as nosas cariñas!

Preme aquí para ver máis imaxes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut