As nenas e os nenos de 1º visitaron o Concello onde decidiron, nun pleno, ir ao parque de Jim Sports. Remataron cunha visita ao cuartel da Garda Civil.
O alumnado de 1° saiu hoxe por Palas de Rei. Mercaron no super, conversaron con moitos peregrinos, xogaron nos Chacotes e ata fixeron algunha visita a familiares.
As familias de 1° de EP hoxe puideron disfrutar da actuación de teatro dos seus fillos e fillas na biblioteca do cole. Cun público así, o éxito está asegurado. Grazas!
As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira e aproveitaron para mercar unhas plantiñas para o invernadoiro do cole. Logo, visitaron as instalacións de Jim Sports.