Está xa dispoñible o Punto Laranxa, tanto físico como virtual.
Esta é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
O funcionamento do punto físico, instalado no corredor principal do centro, é coma un buzón a través do cal se pode comunicar ou denunciar, dende unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufra o alumnado ou se perciba en terceiros. A apertura e xestión dese buzón correspóndelle aos docentes do centro que conforman ao equipo de actuación contra o acoso escolar do centro.
En canto ao punto virtual, pódese acceder dende a páxina web do centro (na marxe superior dereita) que permite escribir e enviar unha mensaxe anónima, que será lida polo devandito equipo de actuación.
Dende aquí podedes acceder ao cartaz e tríptico informativo.