Skip to Content

Benvida

Un saúdo a toda a comunidade educativa. Fai pouco despediamos aos alumnos e compañeiros que se ían a outros centros e xa lle estamos dando a benvida aos novos alumnos e aos novos compañeiros que chegan ao centro.

O día 10 empeza oficialmente o curso para todo o alumnado, mais, os pais do alumnado de  E. Infantil xa teñen unha reunión coas titoras dos seus fillos  o  MERCORES día 9 co seguinte horario e lugares:

  • 3 ANOS A - B - C : ás 10:00 no ximnasio de madeira que hai no patio cuberto.
  • 4 ANOS A - B - C : ás 11:00 nas súas aulas (1º andar do edificio de Infantil).
  • 5 ANOS A - B - C : ás 12:00 nas súas aulas (2º andar do edificio de Infantil).

Lembrarlle aos país do alumnado de 3 anos que durante o periodo de adaptación estes alumnos non Terán transporte nin comedor.

O día 10 empeza o curso. Para o alumnado de primaria lembrar dúas cousiñas para axilizar o proceso.

Os alumnos que vaian para 1º - 2º - 3º farán as filas nas portas dianteiras de entrada ao edificio de primaria, nos lugares sinalados con carteis para cada curso. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Os alumnos que vaian para 4º - 5º - 6º farán as filas nas portas traseiras de entrada ao edificio de primaria. Alí serán recibidos polos seus titores e titoras para subir ás aulas.

Lembrarlle aos pais ou acompañantes do alumnado que haberá unha zona marcada a que non deben pasar os pais, só os alumnos que van ás filas.

Unha vez que entren todos os nenos, chamaranse aos pais , que acompañados dun mestre, poderán levar os libros ou material ás aulas que lle correspondan aos alumnos

Coa mesma, informarvos de varias cousas:

- Ata o día 1 de Outubro poden solicitarse axudas para a compra de material.

- As familias que non recolleron o vale dos libros poden pasar a retiralo.

- Quedan Historiais Académicos sen entregar dos alumnos que remataron o curso 14/15 e tamén de anteriores 13/14 - 12/13. As familias que non os recolleron poden pasar a recollelos.

- Lembrarvos que o día 15 de Setembro remata o prazo para que os pais que o desexen fagan constar por escrito na secretaria do centro, o cambio de Relixión, atención educativa e valores sociais.

Un saúdo                                                    

A Dirección



page | by Dr. Radut