Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Semana da prensa

A semana do 7 ao 11 de marzo celebramos a Semana da Prensa e que mellor xeito de facelo que asistindo a unha actividade do Faro na Escola na que participamos na entrevista de 3 emblemáticos deportistas: Chus Lago, Vlado Gudelj e Óscar Pereiro.

Ao longo da semana traballamos tamén sobre distintas noticias relacionadas co noso proxecto anual "Costumes e tradicións galegas" e durante o recreo radiámolas para todo o centro.

Ademais tivemos a oportunidade de consultar diferentes xornais das catro provincias da nosa Comunidade e establecer comparacións entre eles.

Ludoteca Lingüística

Nesta ocasión a Concellería de Normalización Lingüística ofreceunos aos alumnos de 5º de E.P. unha trepidante e interesante actividade que consistiu na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e tamén lingüísticos fomentando o uso do galego dun xeito lúdico. As distintas probas transcorreron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Clase práctica de periodismo Faro de Vigo

O luns 7 de Marzo asistimos a unha clase práctica de periodismo organizada polo Faro de Vigo que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. O obxectivo era que os nenos compartiran á forma de traballar dun periodista. Nos seguintes enlaces podedes ver o resultado do traballo:

FARO apadrina el bautizo periodístico de 700 escolares

Vídeo resumen

Galería

Recitamos a Rosalía

Outra das actividades realizadas o propio Día de Rosalía foi escoitar algúns datos sobre a vida e a obra da escritora a cargo dos alumnos de 4º de E. Primaria. A continuación todos xuntos recitamos a estrofa do poema "Alborada" e dous representantes de cada curso,  acompañados polos seus respectivos grupos, recitaron tamén o "Adiós ríos, adiós fontes". Con cada unha das estrofas de este poema que elaboramos con anterioridade nas aulas, compuxemos un bonito mural.

Para rematar, o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e de Biblioteca agasallounos, tanto ao alumnado coma o profesorado, unha flor.

 

Agasallo rosaliano

Este ano comezamos a preparar a celebración do 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, realizando diferentes actividades e unha delas foi elaborar unha postal cunha estrofa de "Alborda" de Cantares Gallegos e enviala ás casa de todo o alumnado como agasallo rosaliano. Aquí tedes a mostra da súa elaboración e resultado.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: