Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián como son a auga, a fariña, o aceite ou os colorantes alimentarios, elaboramos un produto natural, semellante a plastilina que logo levamos para casa. Dende a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitíronnos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Outra actividade concedida pola Concellería de NL e o Servizo de NL do Concello de Vigo.

 

O soño de Esther

Nesta ocasión a Concellería de NL e o Concello de Vigo concedérennos unha nova e diferente actividade para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria. Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achegounos historias coas que aprender dun xeito divertido as vogais, os puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua. Acompañado dun obradoiro de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que o alumnado trazou vogais no aire, letras ou debuxos.

 

Obradoiro xogos musicais

Grazas á Concellería de NL e ao Servizo de NL do Concello de Vigo, as Abelliñas, as Tartarugas e os Pitufos gozamos dun obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical. E fixémolo, co galego como idioma vehicular, con melodías sinxelas, cancións repetitivas e danzas acompañados de diferentes instrumentos.

Dámoslle a benvida ás Abelliñas de 3 anos

As Abelliñas de 3 anos superaron o período de adapatación con éxito e xa están máis que integradas no noso colexio. Ahí van algunhas das cousiñas que fixeron dende a súa chegada.

 

Rutas Liñas de Autobús

Liñas de Atobús do CEIP O Sello: preme no documento para acceder á información.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: