Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día da Poesía. Cada clase leu o poema que traballara na clase a tódolos seus compañeiros, e así gozamos dunha boa experiencia poética todos xuntos.

 

Onde estarán os ovos de Pascua?

 

Comeza unha nova aventura...

 

Os de 3 anos tiñamos unha

misión moi doce...

Atopar no cole os ovos

de Pascua!!!

                                                                                   

                                 

Os nenos e nenas de 3 anos visitamos a Biblioteca X.N.Vilas

O pasado xoves 12 de marzo, a clase das Tartarugas de 3 anos, fomos a Biblioteca Xosé Neira Vilas para coñecer como funciona, e ademais contáronnos uns divertidos contos. Despois, como nos portamos tan requeteben, as mestras leváronnos ao parque a merendar e xogar.

Os de 1º e 2º visitan o Museo do Mar

Os nosos alumnos de 1º e 2º pasaron unha maña do mes de febreiro preto do mar, visitando o museo. Aquí tendes o video do ben que o pasamos.

Conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento dunha grande da literatura galega, Rosalía de Castro. Unha muller cun avanzado pensamento político e social ("Follas novas", "El caballero de las botas azules") e cunha posición crítica e feminista ("Las literatas") que fixo que os rapaces de 6º fixeran a súa propia versión de Rosalía.

Aquí vos deixamos o remate final do traballo que realizaron: investigaron, recompilaron, escoitaron, versionaron e finalmente debuxaron.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: