Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Entroido 2015

A medidadios de Febreiro celebramos o entroido no noso cole. Este ano o tema central do entroido foron os "Contos Clásicos", no seguinte v´deo podedes observar o lucidos que quedaron os disfraces que elaboraron os nenos e nenas con axuda dos seus mestres e mestras e pais e nais.

Día da Paz 2015

O 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

No seguinte video podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

Xornadas de portas abertas 2015

Ven a coñecer o noso cole!

Os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo levaremos a cabo as xornadas de portas abertas para todo aquel que queira vir a coñecer o noso colexio e o seu funcionamento durante toda a maña.

E o 3 de marzo ás 17.00 haberá unha reunión con todos os interesados.

Animádevos!

Contádenos un conto!

O pasado venres recibimos a visita de catro nais de 5 anos que nos contaron uns contos moi especiais no recuncho de Libroreta.

Matrícula 2015/2016

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016 (DOG 12 marzo)

Reserva de praza: 1 ao 15 febreiro (Anexo I Reserva de praza)

Admisión novo alumnado: 1 ao 20 marzo (Anexo II Formularios de admisión)

Formalización de matrícula: 20 ao 30 xuño

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: