Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Recitamos a Manuel María

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Manuel María, decidimos decorar as nosas escaleiras con dúas das súas obras: "O soñador" e "Galicia". Por suposto aprendémolas para poder recitalas. Tamén decoramos entre todos un fermoso mural. 
Mirade que chulo quedou todo!
 
 

Coplas do Maio florido

Aquí vos deixamos as coplas que compuxeron os nosos alumnos para o Maio Florido. A verdade é que estes rapaces estanse a converter nuns expertos nisto da rima.


Maios e Letras Galegas

Por fin despois de ter que atrasar a celebración dos Maios e do Día das Letras Galegas por culpa do mal tempo, o pasado venres 20 de maio puidemos levar a cabo todas as actividades, que con tanto esforzo habiamos preparado.
Primeiro decoramos o noso Maio coas flores que trouxo o alumnado...  e ben vistoso que nos quedou!!! Despois homenaxeamos a Manuel María, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. Recitamos e cantamos algún dos seus poemas.
E para rematar cantamos as nosas propias coplas dos Maios e bailamos ao redor del. A ver se conseguimos que o bo tempo se quede connosco por fin!!!
Aquí vos deixamos un vídeo de todo o traballo realizado. 
 

Chorouvía

O pasado 10 de maio recibimos no cole ao grupo de Pandereteiras "Chorouvía", da Asociación de Veciños de Cabral. Co gallo da próxima celebración das Letras Galegas e relacionado co noso Proxecto Anual, puidemos gozar da actuación deste marabilloso grupo de música tradicional galega, que nos amosou as cancións, os instrumentos e as costumes e tradicións da vida dos nosos avós.
Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos!
 
 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 

Prazo para presentar solicitudes

  • 1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).
  • 2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2018.

Orde do 16 de maio

Impreso Solicitude Axuda

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: