Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Froita na escola

Como cada ano, o noso centro solicitou a distribución de froita fresca ofertada polo proxecta ALIMÉNTATE BEN para todo o alumnado de E.I. e E.P. Esta solicitude foinos recentemente concedida, polo que  a partir deste 2º trimestre e tamén ao longo do 3º trimestre, contaremos coa repartición e o consumo desta rica e saudable froita fresca.

 

Festival de Nadal 2016

Unha "Danza medieval" con moita marcha, un delicado baile en "Diciembre", un clásico "All you need is love", uns "Príncipes traviesos", moita marcha con "Last Christmas", unha versión moi cañera titulada "Ven o Nadal", un "Mix de Nadal" para os mais cativos, unha panxoliña en bable sobre "Os reis magos", unha brillante actuación para desexarnos "Feliz Navidad", cheos de ilusión "O mesmo recitamos que rapeamos" e o mítico "Jingle Bells" como broche final, fixeron as delicias do noso festival de Nadal 2016.

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

 

Calendario 2017

Chegou o Nadal e con el o noso xa consagrado concurso de postais no que cada alumno deixou voar a súa imaxinación inspirándose na temática do proxecto anual "Unha andaina por España". A postal gañadora deste ano que aparece na felicitación-calendario 2107 co que se agasalla ás familias, foi realizada por Irene González Vázquez (6º de E.P.) e Valencia foi o seu principal referente.

Conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia

Como cada curso, entre o 1 e o 11 de decembro, celebramos a conmemoración da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Nesta ocasión reunímonos todo o cole no Recuncho de Libroreta e o  alumnado de 5º e 6º de EP recordounos a importancia de  celebrar esta data. Ademais un representante de cada curso, dende 4º de EI ata 6º de EP, foron os encargados de narrarnos unha presentación (Actividade de Carlos Mariño Pego), na que se reflexaron algúns dos elementos mais representativos da nosa Comunidade Autónoma: símbolos, escritores, músicos, gastronomía... Rematamos cun xogo baseado en variadas preguntas para comprobar a atención prestada polo público asistente e o broche final o puxo a música de Lume coa "Saia da Carolina" e como non podía ser de outro xeito, co Himno de Galicia.

Obradoiro de crema dentífrica

Un curso mais, a Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, fixo partícipe ao noso alumnado de 3º e 4º de EP, dunha interesante actividade.                                                                                                                 A partir de ingredientes naturais, elaboraron pasta dentífrica, que levaron para casa traballando tamén o léxico bucal en galego.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: