Iniciar sesión: Acceso

Blogues

Entrega de premios do "II Concurso de cartas de Amor e de Amizade"

O pasado 15 de marzo puidemos realizar a desexada entrega de premios aos gañadores do "II Concurso de Cartas de Amor e Amizade". Este ano as cartas foron redactadas en verso e os premiados polas súas fermosas poesías son:

Alicia Miranda (2º Primaria). 
Noé San Segundo (4º Primaria). 
María Yolanda Álvarez Rodríguez (Nai de Isis, 4º Ed. Infantil). 
 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do acto e das preciosas composicións dos galardoados.

O rap do Dinoseto

O noso cole tivo o privilexio de ser o centro seleccionado para a grabación dun rap, para concienciar a cativos e adultos da importancia da reciclaxe.
Esta proposta, que parte do Concello de Vigo, foi moi ben recibida polo noso alumnado, que baixo a coordinación do profe Manuel conseguiron sen dúbida un resultado fantástico.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da grabación.
 
 
 E para rematar a montaxe final con música preparada polo Concello de Vigo:
 

Un planetario no cole!

Esta semana grazas a Obra Social "La Caixa", o alumnado do cole puido gozar dunha experiencia estelar. No ximnasio do cole montouse un fabuloso planetario móbil. Trátase dunha instalación ideal para a aprendizaxe e a divulgación da astronomía; para achegar o ceo aos nenos que aínda o descoñecen, e aos adultos que o esqueceron. O planetario constaba de 4 programas baixo o título "O ceo das estacións" e unha pequena curtametraxe titulada "A nena que sabía camiñar do revés". Sen dúbida unha forma lúdica e motivadora de coñecer o universo. Aquí deixamos un pequeno vídeo do moito que gozaron os mais cativos do cole con esta experiencia.

Achegámonos á oceanógrafa Ángeles Alvariño

A Concellería de Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo convidou ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria a coñecer á oceanógrafa Angeles Alvariño a través dunha contada acompañada por ilustracións. Equipados cos seus cadernos e lapiceiros, os nosos alumnos/as tamén fixeron as súas propias ilustracións. Ademais durante esta interesante actividade contaron cunha inesperada visita...

 

Os Guerreiros de Terracota

O pasado mes de febreiro visitamos a exposición dos Guerreiros de Terracota.

O alumnado fixo unha viaxe no tempo e no espazo para trasladarse ata o gran Imperio Chino, atopándose con reproducións dos orixinais do exército de Xi´an e tamén con reproducións de ferramentas, xoias, armas, cabalos,...

Se premedes na imaxe veredes o atentos que estiveron.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: