Skip to Content

Samaín

ESCRIBINDO POR SAMAÍN

O Samaín pasou polo cole enchendo de festa e ledicia estos últimos días do mes de outubro. Pero non pensedes que todo foi festa. Tamén tivemos tempo para deixar voar a nosa imaxinación e escribir fantásticos contos de medo e investigar esta tradicional festa buscando e escribindo lendas e tradicións.

Con todos os traballos recollidos montamos esta estupenda e terrorífica exposición no corredor da primeira planta do cole.

 

                   

ENDULZAMOS O FIN DE FESTA

Seguindo coa celebración e, para non perder o gusto por esta tradicional festa, preparámonos para unha espectacular degustación de pratos típicos do Samaín saudables cun gran toque de inxenio e orixinalidade.

Durante os últimos días, o alumnado do centro foi escribindo as súas receitas de cociña terrorífica saudable e hoxe, para rematar a xornada, trouxeron da casa as súas elaboracións coas que preparamos esta fantástica degustación. Queredes ver o resultado? Simplemente espectacular.

 

 

Moitas, moitas grazas a todas as familias pola implicación amosada e por esta gran participación.

 

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

O mércores 31 de outubro celebramos no cole o Samaín cunha chea de actividades terroríficamente divertidas.

 

Este foi o cartel co que o noso Equipo

anunciou a celebración da festa e deu a coñecer

as actividades que se tiñan previsto realizar.

 

 

Entramos no colexio coma todos os días pero... Ai, que escuridade! Os corredores e as escaleiras estaban en penumbra, non había luz. Que medo! e, de súpeto, case sen darnos conta, atopámonos rodeados de aterradoras criaturas que colgaban do teito, esqueletos xigantescos, bruxas ameazantes, personaxes de medo, cabazas e caveiras desafiantes, e portas e corredores fechados con escalofriantes e noxentas telarañas. Todo isto perfectamente acompañado con música de terror.

 

    

     

     

     

 

Durante toda a mañá disfrutamos nas aulas dun ambiente totalmente festivo. Realizamos obradoiros de maquillaxe e disfrazámonos con roupa vella que os nenos foron traendo ás aulas nos últimos días para, entre todos, realizar un desfile no patio do colexio.

 

Pasamos unha xornada realmente fantástica!!  Mirade o guapos que quedamos todos!!

 

     

2º B       

       

       

       

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut