Saída á vendima
Coa chegada do outono os nenos e nenas de 1º saímos a facer a vendima na casa da profe Bea en Malvas. Foi o 5 outubro. Aquí estamos todos e todas cando acabamos de baixar do autobús.
|
Aquí xa estamos preparados para comezar a vendimar, tiñamos que levar es tesoiras e un cesto para poder botar as uvas. Hai uvas brancas e tintas e hainas que separar. | Agora que están os cestos cheos, hai que transportalos. A verdade é que pesan bastante! |
Para que saía o zume das uvas hai que esmagalas, nós fixémolo coas mans, aínda que despois, quedáronnos moi manchadas!. | Cando xa acabamos poidemos probar o zume da uva, o mosto. Iso sí que o podemos beber, o viño non. |
Por último hai que levar os cestos para a adega botar no barril, como era moi alto e pesaban moito Bea tívonos que axudar. |
E tamén comemos. Uvas claro. Probamos das tintas e das brancas e... estaban ben boas! | E ao fin... un merecido descanso! |