OS NENOS DE 2º CICLO APADRINAMOS UN NENO Á HORA DE LER.
Esta actividade realizouse durante dous días consecutivos. O primeiro día nós baixamos ás aulas de infantil. A cada clase de 2º ciclo lle correspondía unha de infantil e cada neno maior apadrinaba un pequerrecho, ao que lle limos un conto. Este conto o levabamos ben traballado, ás veces líamos e otras ensinábamos as imaxes. Gustounos moito a todos.
Ao seguinte día eles visitáronnos a nós , xa nos coñecíamos e recibímolos moi contentos.Estaban tan agradecidos das nosas leturas que ata nos prepararon moitos agasallos.