O COMEDOR
A ANPA " As Olivas " xestiona dende o curso 2005/06 o comedor do colexio. Na actualidade este servizo témolo contratado en modalidade de catering.
Así mesmo a ANPA tramita a subvención que ofrece a Xunta para este servizo que repercute nos nenos/as unha vez que esta é recibida.
O horario do comedor permite enlazar as clases da mañá coas actividades extraescolares da tarde tendo en todo momento a supervisión dun monitor/a.
Para facer uso do comedor cada familia pódese acoller a unha destas opcións:
- Uso do comedor todos os días. O prezo é de 4,05 euros/menú. O pago faise mediante domiciliación bancaria, solicitando o impreso á ANPA.
- Uso do comedor días soltos fixos. O prezo é de 4.30 euros/menú. O pago faise mediante domiciliación bancaria, solicitando o impreso á ANPA.
- Días soltos extraordinarios. O pago faise mediante o ingreso de 4,70 euros/menú na sucursal NOVA CAIXA GALICIA da nosa localidade (Na conta ca ANPA dispón nesa entidade) presentando o resguardo no colexio antes das 9:00 horas do día que fará uso do servizo. Cabe dicir que esta última opción só deberá empregarse en casos extraordinarios e sempre quedará a disposición da capacidade do comedor, resolvendo por parte da ANPA as posibles aceptacións ou non.
Todas as baixas que se produzan deberán de comunicarse no colexio antes das 9:00 horas para poder dar de baixa o menú, ben chamando por teléfono ou presentándose na Secretaría do Colexio. (Tfno 986 600923)
Os nenos/as que non teñan actividades extraescolares pola tarde deben de ser recollidos ás 16:00 horas no corredor do comedor.
A mascota do comedor é "COMICALLA"; unha mascota que resultou gañadora nun concurso de debuxo celebrado Centro |
.