A NOSA ASOCIACIÓN
Coa denominación ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS "AS OLIVAS" constitúese unha asociación ao amparo da Lei Orgánica 1/2002 de 22 de Marzo con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar carecendo de ánimo de lucro.
Son fins da asociacións:
-
Desenvolver e defender os dereitos do colectivo pais-nais e alumnos/as.
-
Promocionar e apoiar actividadees extraescolares, educativas e formativas.
-
Sensibilizar sobre a importancia de dita Asociación á comunidade escolar.
-
Promover a relación e intercambio entre asociados así como tamén promover a igualdade de todos os alumnos sen ningún tipo de discriminación.
-
Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados/as e outros colectivos, así como ás dirixidas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais.
Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:
-
Dinamización dun espazo de encontro.
-
Organización de actividades socioculturais, deportivas, lúdicas...
-
Organización de cursos, seminarios, conferencias e actos similares.
-
Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos ou calquer outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.
-
Deseño e execución de cantas accións ou actividades sexan precisas para conseguir a participación de asociados/as.
-
Fomento das relacións de colaboración coas institucións públicas, empresas privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fin fundacionais.