Skip to Content

Mindfulness e os sentidos.

4.Mindfulness e os sentidos.

Este é o cuarto paso que imos dar para practicar Mindfulness Cando somos capaces de poñer a atención na respiración, somos capaces de relaxarnos coa axuda da nosa imaxinación e somos quen de manter atención plena, estamos preparados para traballar cos sentidos: O oído, o gusto, a vista, o tacto e o cheiro.

O Mindfulnesvainos permitir, poñer a atención plena nos diferentes sentidos. Estes vannos permitir identificar emocións e sensacións, neste instante único e que nos axudará no control das emocións.

 

4.1. O Sentido do Oído.

 A atención plena vai ter como obxectivo pararse na conciencia do que se escoita, escoitando soamente o que se atopa nese intre. Dende unha posición cómoda e tranquila temos que respirar, escoitar sons e identificalos.

Aquí vos deixamos algunhas propostas para traballar atención plenacoa axuda do sentido do oído e que poidades relaxarvos e atender á respiración.

 

Propostas para Ed. Infantil e 1º Ciclo.

Propoñemos parar os vídeos en cada son, para que os nenos traten de adiviñar.

 Adiviña os sons do Corpo Humano. 4:41 min

 Adiviña os sons dos animais. 4:32 min

Adiviña os Instrumentos musicais. 5:05 min

Identifica os instrumentos no tren: 3:21 min
 Estimulación Auditiva. 3:31 min  Sons da casa e dos animais. 8:15 min

 

Propostas para 2º e 3º Ciclo. 

Propoñemos parar os vídeos en cada son, para que os nenos traten de adiviñar.

Qué é a Memoria Auditiva?. Xogo 5:37 min

 Memoria Auditiva. Xogo 3:16 min
 Divertidos Xogos Auditivos. 9:32min
 Instrumentos Musicais. 5:03 min
 Adiviña Instrumentos Musicais. 6:35h

 Adiviña Cantigas. 5:07 min



page | by Dr. Radut