XV Andainatudense Solidaria 2018.
O vindeiro sábado día 12 de Maio de 2018, vai ter lugar a XV Andainatudense Solidaria 2018. Esta andaina está organizada polo Club deportivo AndatuiRegodapedra. A saída será dende o centro Interfederado e percorrerá parte do camiño portugués, a vía romana, a senda do río Lagartón, a Senda da Pedra Santa, pasará pola Ponte das Febres e pasando polos muiños de Paredes e do regato Deique, chegará ao cumio do Monte Aloia. Despois de xantar e descansar a camiñada seguirá polas pozas da Cabaciña, o alto de Perdurán, o rego de pedra, os muiños do Río Tripes e chegará ao lugar de saída.
Unha actividade para disfrutar en familia e da xoia natural que ten Tui. O parque Natural do Monte Aloia e os seus arredores.
Animádevos a participar, atoparedes máis información na web de andatui á que podedes acceder pinchando aquí.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
Un lugar máxico, unha aventura inesquecible que paga a pena vivir.