A PAZ
En relación con esta conmemoración participamos en diversas actividades:
- SEMANA DA COCIÑA
A semana do 24 ao 29 de xaneiro celebrouse a semana da cociña, no que tamén participou Infantil, e en colaboración coas familias, xa que viñeron pais e nais dos alumnos do cole a falarnos do seu país, a amosarnos a súa bandeira e a ensinarnos receitas típicas destes países. Receitas que eles mesmos prepararon e cociñaron e que logo nós, probamos.
- APERTAS NA CORREDEIRA
Logo, o 31 de xaneiro despois de gozar da sesión de maxia, fomos cunha pancarta que iniciaba o desfile e que amosaba que REGALABAMOS APERTAS. Tamén, fomos cos nosos colares co lema de DAME UNHA APERTA e dirxímonos á corredeira onde soltamos globos, vimos soltar a pomba branca, símbolo da paz, e regalamos apertas.