Skip to Content

PAZ

 

O domingo 30 de Xaneiro celébrase en todo o mundo unha data moi importante: O DÍA DA PAZ. 

No noso centro organizamos unha grande variedade de actividades para conmemoralo                             .

  • SEMANA DA COCIÑA DO MUNDO

     Ao longo da semana celebramos unha actividade en colaboración coas familias doos nenos/as que viñeron de outros países. As nais e pais viñeron ao centro para falarnos dos seus países e tamén das comidas. Pero  non só foi falar que senón que tamén cociñamos e despois todos probamos esas comidas tan diferentes pero todas riquísimas.

 

 O luns.- País: MARROCOS

             Cociña: NORA

             Prato: PASTAS E PAN DE MARROCOS

 

   
 Primeiro explicounos cousas do seu país, como sobre a bandeira...  E xa se puxo a facer a masa das pastas de Marrocos.
   
 Nós tivemos que axudarlle...  ... aínda que fósemos pequenos.

 

 

O Martes.- País: BRASIL

                Cociña: CLAUDIA

                Prato: BRIGADIÑOS

 

   
 Aquí está Claudia explicando cousas do seu país.  Ensinounos un montón de froitas de Brasil que aquí non se dan.
   
 E despois xa nos explicou a receta dos brigadeiros.  Que bos estaban!!!

 

 

O Mércores: País: ARXENTINA

                 Cociñan: LAURA E SEBASTIAN

                 Prato: MATE, DOCE DE LEITE E PALMEIRAS.

   

 Aquí estan os nenos/as de 4º esperando ao que nos contan Laura e Sebastian.

Primeiro probamos o mate, unha infusión de Arxentina.
   
 Despois, tomamos doce de leite, encantounos!!!  E por último fixemos unhas palmeiras que había que meter ao forno.

 

 

O Xoves: País: PORTUGAL

             Cociña: LOLA

             Prato: ALETRIA E MOLOTOV

 

   
 Os nenos/as de 2º na cociña coa bandeira de Portugal.  Lola facendo a receta da aletria.

 

 

O Venres: País: ALEMAÑA

              Cociña: MÓNCA

              Prato: VERDURAS CON SALSA, SANWICH ALEGRE, PANQUECAS E ZUME DE MAZÁ

 

   
 Mónica con todos os ingredientes do menú.  Mirade que simpático o sandwich alegre que fixemos e logo comemos.

 

Queres ver máis fotos? Preme aquí

  • XORNADA DE MAXIA E APERTAS   

 

   
 No cole tivemos unha sesión de maxia na que nós tamén colaboramos.  E a ANPA entregou os premios do concurso de debuxo.
   
 Despois os maiores axudan aos pequenos porque imos  saír.  A pancarta que iniciaba o desfile.
   
 Na Glorieta houbo unha solta de globos brancos.  E tamén a solta dunha pomba que simpolizabaos nosos desexos de paz.
   
 E por último démonos grandes apertas: de bocadillo...  ...de oso
   
 de fronte...  ....de grupo.

 

ESPERAMOS QUE A PAZ CHEGUE A CADA LUGAR DO MUNDO PORQUE COMO DÍ A CANCIÓN QUE CANTAMOS

 "O MUNDO É GRANDE"

                                                   Moitas fotos para ver 



page | by Dr. Radut