Participamos no Cross
Un dos deportes dos que mais nos gusta no centro é o do Cross. Máis de 100 nenos e nenas do CEIP Nº 2 participan nas diferentes probas que se realizan ao longo do curso.
A tempada comeza ao fin de novembro, nunhas magníficas instalacións no camping Santa Tegra da Guarda. A pesares de ser un día no que a choiva quíxonos acompañar ao fin da xornada, unha grande cantidade de nenos e nenas do centro animáronse a participar na proba
Aquí está a saída da categoría alevín femenino | En plena proba os participntes dándoo todo. |
Dos máis de 100 atletas do centro que participaron no cross Zonal da Guarda, uns cantos clasificáronse para o Campionato Provincial que se celebrou en Guláns o 30 de Xaneiro. Ahí a competición xa se fai máis dura pero aínda así fixemos unha carreira moi boa en todas as categorias onde estabamos clasificados
As nosas dúas representantes da categoría benxamín | Parte do equipo alevín feminino preparado para a saída. |
Un deses atletas é Iván Carnero, alumno de quinto que fixo unha gran carreira e que polo tanto queda automaticamente clasificado para participar no Campionato Galego.
Palabras Maiores xa
O 6 sábado 6 de Marzo Iván e a profe Bea acuden a proba que se celebra ao lado da ría de Arousa co mar de fondo. Alí a competición xa que moi dura, pero aínda así Iván fíxoo moi ben.
Para ver moitas fotos e videos dos nosos atletas pincha aquí