Skip to Content

Duatlon

 

      O Pasado sábado 14 de marzo o noso centro participou no Duatlon que se celebrou en Porriño.

En esta ocasión, como non podía ser de outra forma: gañadores!!!

Os nosos nenos e nenas tiveron unha actuación extraordinaria, e aínda que o recorrido era moi duro xa que había que correr, despois andar en bici e despois de novo correr; o día foi maravilloso e daba gusto estar alí.

 

 

 Aquí está a "marea azul"  como xa nos chaman a cada competición a que acudimos dende que temos esta nova equipación.

 

   
 Primeiro correr.  Coller a bicicleta.
   
 Madhi que fixo unha fantástica carreira.  Assia entrando en meta.
   
   
 Equipo alevín masculino 3º posto.  Equipo alevín femenino 1º posto.
   
   
   

 E non podemos esquecernos de esta campiona, Uxía que aínda que participou co Clube Atletismo Porriño, é do Nº 2.

Felicidades a todos/as !!!!!

 

 

 

Se queres ver máis fotos fai clic aquí

 

Despois chegou o Campionato Provincial que se celebrou o 18 de Abril en Pontevedra.

Para esa proba clasificamos un equipo alevin masculino, formado por Álvaro, Yoel, Iago e Omar.

   
 Aquí posando antes da proba coas profes.  No podio porque quedamos segundos  e tivemos medalla e trofeo.

 

E claro, o noso equipo é imparable, e así o 2 de Maio acudimos ao Campionato Galego que se celebrou en Tomiño. Alí a competencia era moi dura e había equipos moi preparados. A nós dábanos igual, o importante foi participar.

   
 Aquí estamos posando antes da carreira cos nosos amigos/as de varios colexios de Tomiño.  Omar entrando en meta. A súa foi unha gran carreira aínda que facía unha tarde de moitísimo calor.

 

E non nos podemos esquecer de Uxía que merece un apartado especial.  

   
 Aquí en plena carreira de bicicleta...  .... e entrando en meta.

Quedou 2ª de Galicia, Subcampiona Galega. Casi nada.

Moitas felicidades Uxía. Eres a mellor!!!

 



page | by Dr. Radut