Cross Zonal en Tomiño
O pasado 13 de Decembro celebrouse o Cross Zonal que este ano foi en Tomiño e que organiza como en anos anteriores a Agrupación Deportiva Baixo Miño. O noso Centro como sempre alí estabamos preparados para todo.
O día non acompañou, xa que non parou a chuvia durante toda a xornada. A pesar diso, acudiron moitos nenos e nenas ao Cross.
Aquí está a profe Bea preparando o recorrido a día anterior. Conta coa axuda de Martín de Salceda que coas ferramentas que trae debe de traballlar ben | Aquí xa no día da carreira estamos esperando que nos toque correr dentro do pabellón porque fora chove moito. |
A chuvia non parou en ningún momento da carreira, pero a pesar diso os nosos nenos e nenas non se asustaron.
Aínda que o fixemos moi ben todos e todas, algúns do nosos alumnos conseguiron subir ao podium.
Iván Carnero chegou terceiro na meta. | Manuel Rosada tamén conseguiu a medalla de bronce. |
Madhi chegou segundo a meta e obtivo a medalla de prata.
Dende esta páxina seguiremos informando de todos os eventos deportivos nos que participemos.
Se queredes ver mais fotos do cross podedes visitar