PROXECTO DON QUIXOTE
Esta semana apareceu un muíño na porta das aulas coa frase : " En un lugar de..."
Estivemos a falar entre todos para averiguar algo sobre o muíño e sobre esa frase. Algunhas das ideas que foron saíndo eran moi interesantes, pero non resolvemos o misterio do muíño.
Marchamos para a casa coa dúbida, e gracias as nosas familias conseguimos resolver parte do enigma, está relacionado co libro de Don Quixote, escrito por Miguel de Cervantes.
Sabemos que Don Quixote cando se atopaba muíños, pensaba que eran xigantes que o querían atacar, pero... non sabemos os motivos. Seguiremos investigando...
Deixámosvos un enlace a un xogo interactivo que nos dará máis pistas. Preme na imaxe.