Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

2ª Xornada Bádminton EscolarGifs Animados de Badminton

Pav CEIP Randufe

27-02-24

O pasado martes día 27 de febreiro de 2024 tivo lugar no pavillón do CEIP  Randufe tivo lugar a 2° Xornada de Bádminton Benxamín organizada por Agrudebam,!Alí estuveron os alumnos e alumnas de 5° e 6° do noso centro, xunto ao alumnado do CEIP Randufe e do Club Bádminton Tui. Unha tarde onde o noso alumnado aprendeu, xogou, compartiu e pasouno en grande, sabendo que os ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero, son pilares fundamentales para a vida. Grazas a Agrudebam, ao CEIP Randufe e ao Club Bádminton Tui por oportunidades tan estupendas coma esta.

 

Deporte na Escola

2ª Xornada Bádminton EscolarGifs Animados de Badminton

Pav CEIP Randufe

31-01-24

O pasado martes día 31 de xeniro de 2024 tivo lugar no pavillón do CEIP  Randufe tivo lugar a 1° Xornada de Bádminton Benxamín organizada por Agrudebam,!Alí estuveron os alumnos e alumnas de 3° e 4° do noso centro, xunto ao alumnado do CEIP Randufe e do Club Bádminton Tui. Unha tarde onde o noso alumnado aprendeu, xogou, compartiu e pasouno en grande, sabendo que os ODS 3 Saúde e Benestar, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 5 Igualdade de Xénero, son pilares fundamentales para a vida. Grazas a Agrudebam, ao CEIP Randufe e ao Club Bádminton Tui por oportunidades tan estupendas coma esta.

Deporte na Escola

Campo a Través Provincial Escolar 23-24.▷ Correr: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Azucareira  de Portas

Mércores 1 febreiro 2024

         O pasado, xoves día 1 febreiro de 2023, en horario de mañá, tivo lugar o Campionato Escolar Provincial de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Nesta xornada participou o alumnado de 3ºB,4ºB e 6ºA do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Soutelo en Salceda de Caselas.

Formación

Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral.

Onte martes día 30 de xaneiro de 2024 tivo lugar no CEIP N°2 de Tui unha Formación en Primeiros auxilios, para familias, docentes e población en xeral. Agradecer a boa disposición e profesionalidade do Doutor Elogio Eladio Pardo Lorenzo, a enfermeira Dna Mª Trinidad Ramos González y Protección Civil de Tui. Unha xornada onde nos formamos para a vida.

Deporte na Escola

Campionato Galego de Campo a Través

Ribadavia

13-01-24

O pasado sábado día 13 de xaneiro de 2024, tivo lugar o Campeonato Galego de Campo a Través, nas instalacións deportivas de Ribadavia (Ourense). Alí estivo representada Agrudebam con numerosos deportistas que dende o Baixo Miño clasificáronse para esta proba. Entre eles Mateo Patiño Alonso alumno do CEIP N°2 de Tui, que participou na categoría alevín masculino e proclamouse 8° clasificado. Todo un éxito para este atleta, que sendo escolar competiu cos mellores corredores de todos os clubs de Galicia. A nosa noraboa a Mateo Patiño, todo un campión!! Noraboa tamén a todos os atletas participantes nesta proba.

Aliméntate ben

Merendas saudables do mes de abril e maio.

O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de abril e maio. 

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de abril e maio recomendamos receitas e merendas con Plátano, néspera, acelgas espinacas e tomates.

 

Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.

Aliméntate ben

Merendas saudables do mes marzo.

O alumnado de Educación Infantil e Primaria, segue coa alimentación diver-xente, con merendas saudables exquisitas, no mes de marzo. 

Aliméntate ben. Cada mes probamos unha froita e novas verduras. Mes de amarzo recomendamos receitas e merendas con amorodos, leituga e cenoria.

Aquí vos damos conta do saudable que merendan @s alumn@s do CEIP Nº2 de Tui. Noraboa rapazada.

 Tamén vos deixamos algunhas receitas elaboradas por estes pequnos chefs.

 

Hotel de insectos

 

HOTEL DE INSECTOS

Curso 23-24

 

En infantil estiveron entretidos coas actividades do seu proxecto das abellas e a biodiversidade dos insectos.

Unha familia, @marmolerianorfert, donou este hotel tan chuli e os cativxs empregaron elementos naturais e reciclados coma piñas, paus, tellas... para rechealo.

Está quedando moi chulo e con materiais variados!!

 

 

 

PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA VOZ NATURA

PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE VOZ NATURA

Curso 23-24

o vernres 14 de xuño recollemos o premio ao proxecto Voz Natura da provincia de Pontevedra no Estadio Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela.

Ao acto asitimos varios profes e os alumnos de 4º de primaria que despois da entrega disfrutaron dunha xornada de xogos, talleres e inchables. Pasárono xenial, unha experiencia única que seguro que non esquecerán.



by Dr. Radut