Skip to Content

Monthly archive

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.▷ Voleibol: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Volei Curso 23-24

O pasado mércores día 8 de maio,  tivo lugar a derradeira xornada de competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos e das medallas que gañamos. Parabens a tódol@s participantes, tamén atoparán máis información na web: Agrudebam

Deporte na Escola

Xornadas Multideportivas.

C.E.I.P Nº2 de Tui- C.E.P ALTAMIRA.

14-05-24

O pasado martes día 14 de maio de 2024 tivo lugar no pavillón do CEP Altamira de Salceda, a xornada multideportiva na que participarón o alumnado de 3ºB e 5ºB do noso centro. Xogamos a volei, bádminton, balonmán, baloncesto, xadres e fútbol-sala. Xornada na que o respeto, o bo xogo e o disfrute foron as señas de identidade de esta xornada organizada por Agrudebam en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte e coa colaboración do Concello de Salceda. Grazas

 

Prensa

O noso centro no Faro da Escola.

Durante este curso 23-24 o noso centro participou no Faro da Escola de Faro de Vigo. O alumnado foi quen de editar un xornal, para isto visitamos a sede de Faro de Vigo, e na escola editamos todas as noticias que tiveron que ver con nos. Noticias deportivas, de actividades no medio natural, do 50 aniversario, de Voz natura, conmemoracións etc.

Mestres do centro estiveron o día da súa impresión na rotativa.

E o día 20 de xuño recibimos no colexio a nosa publicación. Menuda emoción. 

Tamén recibimos 2 premios de Faro da escola. Mellor portada e mellor publicidade.

Grazas a Faro de Vigo por tanto.

Deporte na escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs Animados de Atletismo

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 23-24

Venres 24 de maio de 2024

 O pasado venres, día 24 de maio de 2024 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m  e proba de relevos.

Grazas a Agrudebam pola organización.

AgruDeBaM | Tomiño

Actividades no Medio Natural

Paseo  fluvial polo rio Miño

d@s nen@s de primeiro.

O pasado mércores día 22 de maio de 2023, o alumnado de 1º de Educación Primaria, realizou unha viaxe en barco polo Río Miño, no Cabo Fradera, grazas á Comandancia Naval do Miño. Unha actividade de achegamento ao entorno natural, que fixo as delicias dos máis cativos. Aprenderon dos deportes de auga, das plantas e da fauna do mesmo.

Moitas grazas a Comandancia Naval do río Miño por darnos a posibilidade de vivir o río dende dentro.

CLUB DE CIENCIAS

 

CLUB DE CIENCIAS

Curso 23-24

 

 
Este trimestre no club de ciencias investigamos e aprendemos sobre a biodiversidade das aves da nosa contorna. 
O coñecemento e o  coidado da biodiversidade é un dos objectivos principais do proxecto de Voz Natura deste ano. Fomentamos así o ODS 15 Vida de ecosistemas terrestres, que tamén é un dos obxectivos  do noso proxecto de centro Diver_xente.
No patio podemos ver  moitos días pombas  e gaviotas que veñen comer as migas que nos caen das merendas.
Na nosa zona tamén hai rulas, anduriñas, merlos, estorninos, carrozas, gorrións, pegas, verderolos, paporrubios....
Estámonos aprendendo moito sobre as aves, pero sobre todo, que podemos facer nós para protexelas. Pronto compartiremos as nosas investigacións.

 

 

 

 

 

ECO-RETO FEBREIRO

ECO-RETO

curso 23-24

Xa temos listo o noso eco-reto de febreiro, AFORRAMOS. Como cada mes expomos os eco-retos no recuncho de Voz Natura para que o poida ver toda a comunidade educativa.

Con este reto, animámosvos a facer algunha actividade relacionada con:

-Aforro de enerxía.

-Andar en bici e utilizar menos os coches.

-Aforrar enerxía lumínica e aproveitar a luz solar.

-Promover o consumo de enerxías renovables.

-Desenchufar os electrodomésticos sin uso.

-Aforro de auga pechando os grifos.

-Consumir máis verduras e productos agro sustentables.

-Asumir as tres erres ecolóxicas:Reducir, Reutilizar e Reciclar.

-Actuar de forma responsable na natureza...

 

Aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoOs sementeiros do alumnado de 4º,5º e 6º.

Peregrino Nos vemos Árbol de tochi regadera gif fuegos artificiales  Despertar mi

 

O pasado mércores, día 21 de febreiro de 2024, o alumnado 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, comprobaron como creceran no interior da escola, as sementes que plantaron fai tres semanas. Aquí vos damos conta do grandes que están. En poucos días teremos que sacalas á horta da escola.


aliméntate ben

Aliméntate ben! | CEIP Raquel CamachoMEDRAN OS ALIMENTOS DA NOSA HORTARemolacha | Vegetable cartoon, Fruit cartoon, Funny fruit

Curso 23-24

No mes de febreiro de 2024 xa van medrando as sementes plantadas no mes de setembro na horta da escola. As fresas, os amorodos, os allos, a remolacha, as acelgas, os grelos todo medra a bo ritmo.

Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita. 



by Dr. Radut