Skip to Content

Monthly archive

Actividades no Medio Natural

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 12 de xuño de 2024

 O pasado mércores 12 de xuño de 2024,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe durante a actividade.

 

Actividades no medio natural

Promoción  de Piragüismo para o alumnado de 4º 

Hoxe xoves día 13 de xuño de 2024 o alumnado de 4⁰ de primaria tivo unha xornada de piragüismo no Club kayak Tudense.

Somos afortunados de  telo tan preto e de que o Club nos ofrecezca esta experiencia inolvidable, xa que a maioría puido disfrutar deste deporte por primera vez.

   
   

Piraguas, auga e a remar !

Pasárono en grande, moitas grazas @clubkayaktudense

Premios

CEIP Nº2 DE TUI, PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA AO PROXECTO VOZ NATURA 2023-24

Estamos moi contentos e ilusionados por recibir o premio ao proxecto voz Natura da provincia de Pontevedra que leva por título : "Quen vive no noso patio?".

Traballamos a biodiversidade  fomentando o desenvolvemento dos ODS 4, 12, 13,  e sobre todo o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres; achegando aos nenos e a toda a comunidade educativa ás plantas aromáticas e medicinais, aos paxaros, aos insectos e as árbores da contorna, concienciando sobre a súa importancia para o coidado do medio ambiente.

Foi unha labor de toda a comunidade educativa na que colaboraron diferentes entidades, organismos e familias.  Algunhas familias aportaron  doazóns de madeira para elaborar as caixas niño @marmolerianonfert e  telas para os sacos aromáticos @cruceirodomonte, e damos as grazas dende aquí por axudarnos a facelo posible, pero sen dúbida,  os gañadores deste premio son os nosos rapaces e rapazas que se involucraron ao máximo e disfrutaron coas actividades medioambientais. Todos participaron nelas dun xeito ou doutro: o club de ciencias,  as ecopatrullas,  e cada una das  aulas dende infantil ata primaria.

Grazas rapazada, xuntos sementamos o futuro!!

@voznatura @premiopontevedravoznatura23-24 @concellodetui @Diver-Xente @ODS  #proxectovoznatura #biodiversidade #quenvivenonosopatio

Equipo Voluntariado

IX Edición Triatlón Tui-Porriño.

8-xuño-2024 17:00h.

O Equipo de voluntarios de Deporte no 2, participou un ano máis, na recollida da transición da IX edición do Triatlón Tui-Porriño. A zona de paso da proba de natación á proba de bicicleta,tivo lugar nas instalacións da Marina de Tui, lugar onde o nos equipo de voluntarios colaborou na recollida co Concello de Tui. Participar é importante colaborar é imprescindible, valores que van máis alá do deporte.

 

Grazas a todo o equipo e as súas familias por facer posibles momentos coma este.

A Milla Diver-xente

A Milla

Maio 2024

ODS 14,15 e 17

Biodiversidade

O Carballo en Galicia.

Durante o mes de Maio de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario. Neste caso recibiron as últimas medallas do noso proxecto correspondentes ao ODS 14,15 e 17. Unha vez completadas todas as medallas, tocou sortealas e cada quen levou a súa de agasallo como recordo por esta gran viaxe polos ODS Diver-xentes.

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

 

Este mes tocou coñecer a influencia do Carballo no Baixo Miño. Unha madeira con moito respeto e agarimo nesta zona.

Despedimos un proxecto fantástico que deixa unha pegada importante no noso alumnado. A por esa axenda 2030 cumplindo os Obxetivos de desenvolvemento sostible.

Congreso Educods

IV Congreso Educods en TuiEntrevista a Nuria Garabal, directora CEIP Número 1 de Tui, sobre el IV Congreso Educods

2-4 xuño 2024

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP Nº2 DE Tui, estivo presente no IV Congreso Educods organizado polo CEIP Nº1 de Tui.

No caso do alumnado de 4º estiveron cun stand de biodiversidade e plantas aromáticas, dando a coñecer as súas propiedades e os seus usos tanto alimenticios como mediciñais.

No caso do alumnado de 4º e 5º participaron en sendas mesas redondas para falar dos residuos e a súa xestión no noso concello.

Unha estupenda proposta na que participou demaís todo o alumnado do centro visitando os stands de todos os colexios participantes. Grazas ao CEIP Nº1 de Tui por contar con nós.

Actividades no Medio Natural

Ruta do Río Lagartón

Mércores 29 de maio 2024.

 O pasado, mércores día 29 de maio de 2024  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos. 

Moitas grazas a Óscar, Pablo, Juncal e Lucía P, grazas a eles todo foi máis doado.

Aliméntate Ben

"Vive o Rural"

Corazón de Carballo

Alumnado de 1º Ed. Primaria.

O pasado martes 28 de maio de 2024, os alumnos e alumnas de 1ºEP visitaron a granxa escola de Corazón de Carballo. Foi un gran día de convivencia gozando do horto, animais e talleres moi divertidos.

Grazas á Deputación de Pontevedra e o “Programa Vive o Rural” puidemos desfrutar desta experiencia.

Actividades no Medio Natural

Paseo  fluvial polo rio Miño

d@s nen@s de primeiro.

O pasado mércores día 22 de maio de 2023, o alumnado de 1º de Educación Primaria, realizou unha viaxe en barco polo Río Miño, no Cabo Fradera, grazas á Comandancia Naval do Miño. Unha actividade de achegamento ao entorno natural, que fixo as delicias dos máis cativos. Aprenderon dos deportes de auga, das plantas e da fauna do mesmo.

Moitas grazas a Comandancia Naval do río Miño por darnos a posibilidade de vivir o río dende dentro.

Deporte na escola

DEPORTE ESCOLAR.Gifs Animados de Atletismo

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 23-24

Venres 24 de maio de 2024

 O pasado venres, día 24 de maio de 2024 teivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

Unha xornada na que participamos en lanzamento de vortex, lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreira de 60m, carreira de 500m  e proba de relevos.

Grazas a Agrudebam pola organización.

AgruDeBaM | Tomiño



by Dr. Radut