Skip to Content

Monthly archive

CLUB DE CIENCIAS

 

CLUB DE CIENCIAS

Curso 23-24

 

 
Este trimestre no club de ciencias investigamos e aprendemos sobre a biodiversidade das aves da nosa contorna. 
O coñecemento e o  coidado da biodiversidade é un dos objectivos principais do proxecto de Voz Natura deste ano. Fomentamos así o ODS 15 Vida de ecosistemas terrestres, que tamén é un dos obxectivos  do noso proxecto de centro Diver_xente.
No patio podemos ver  moitos días pombas  e gaviotas que veñen comer as migas que nos caen das merendas.
Na nosa zona tamén hai rulas, anduriñas, merlos, estorninos, carrozas, gorrións, pegas, verderolos, paporrubios....
Estámonos aprendendo moito sobre as aves, pero sobre todo, que podemos facer nós para protexelas. Pronto compartiremos as nosas investigacións.

 

 

 

 

 

FOLLAS PARA ESTRUTURANTE

ESTRUTURANTE

Sale De Hoja Otoño - GIF gratis en Pixabay - Pixabay

 

Curso 23-24

Como cada curso dende hai uns anos, recollemos follas secas para o noso composteiro. 

Temos un patio fermoso e cheo de árbores, e no outono e inverno deixan caer as súas follas que nos veñen perfectas para facer o compost da nosa  ecohorta.

 

 

 

Gif Hojas - Colegio Ártica

 

CLUB DE CIENCIAS

CLUB DE CIENCIAS

Biodiversidade

Curso 23-24

 

Neste trimestre no club de ciencias estamos a estudar a biodiversidade de aves que temos na contorna.

Buscamos información na rede ademáis de preguntar as bibliotecas vivas como son os nosos maiores. 

Interésanos moito saber qué tipos de aves nos visitan dependendo da época do ano, asi como o momento no que crían, entre outras moitas cousas.

Faremos unha cartelería informativa para o cole con toda a información que atopemos.

Traballamos neste caso o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres, fomentando o coidado da flora e fauna.

 

 

 

 

 

 

 

GRELOS

 

GRELOS DE INFANTIL

Curso 23-24

 

Os grelos que plantaron hai uns meses o pequechxs de 3 anos xa comezan a asomar. Este ano custoulle un puco máis pola climatoloxía. Esperamos facer deliciosas receitas con eles coma anos anteriores.

Fomentamos así o desevolvemento do ODS 12, Produción e consumo responsable. Se temos un cachiño de terra sempre é moi interesante plantar as nosas propias verduras e legumes, moito máis saudables.

Que ilusión lles fixo!!

 

 

 

 

LIMPEZA DO PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

Curso 23-24

O alumnado de 5º e as eco-patrullas xa puxeron a proba a nosa nova adquisición, unhas pinzas que facilitan a labor de recollida de lixo.

Cada ano temos o mesmo problema,  as gaivotas, que nos visitan na hora do recreo sacan das papeleras os papeis, plásticos e restos orgánicos en busca de algo de comida.

A gaivota é un paxaro típico da zona. Invitámosvos a investigar máis sobre elas xa que son parte da nosa biodiversidade.

E de vez en cando facemos unha recollida. Nesta ocasión tocoulle ao terceiro ciclo.

 

 

 

RECICLAMOS

RECICLAMOS

Curso 23-24

En decembro os nenxs de infantil fixeron uns adornos navideños con vasiños iogur reciclados, platilina e neve feita con poliespán.

Unha actividade moi entretida na que desenvolveron a súa psicomotricidade fina ao tempo que colaboramos co obxectivo de desenvolvemento sostible 12. produción e consumo responsable, reciclando envases de plástico.

 

 

 

 

AhiVa! PequeNautas - Gifs animados, animaciones - Simbolos y ...

ECO-RETO XANEIRO

ECO RETO XANEIRO

Curso 23-24

DIVULGAMOS

 

Eco-reto novembro

ECO-RETO NOVEMBRO

Curso 23-24

INVESTIGAMOS

 

 

 

ECO-RETO DECEMBRO

ECO-RETO DECEMBRO

Curso 23-24

"REUTILIZAMOS"

 



by Dr. Radut