Skip to Content

Monthly archive

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

28 de xuño 2004.

O pasado venres día 28 de xuño de 2024, ás 19:00h tivo lugar a celebración do 50 aniversario do noso centro educativo. Coa presenza do Xefe Territorial de Educación da provincia de Pontevedra Dn.César Pérez Ares, o Alcalde de Tui Dn. Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Educación do Concello de Tui Dna. Sonsoles Vicente Solla e a Comunidade Educativa do Ceip Nº2 de Tui presentouse unha placa conmemorativa do 50 aniversario, visitouse a exposición de fotografía de estes anos, tamén estivo a disposición un photocoll onde cada quen se fotografiou na simulación dunha aula dos comezos de esta entidade. Para rematar tivo lugar un acto emotivo do percorrido durante estes anos, da actividade académica, deportiva, proxectos, viaxes etc... onde estiveron o grupo folckórico Seixos Albos de Areas e algúns integrantes da Banda de Gaitas Arume de Malvas. Este foi o momento no que ademáis dos representantes da administración un antigo membro do Anpa, un antigo director e unha antiga alumna falaron do que supuxo o centro na súa vida.

Aquí damos conta de ese gran momento.

 

 Grazas a tod@s por facer deste día un día especial.

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

17-06-2024

Encontro de antigos alumnos, mestres e ANPAS da escola.

O pasado luns día 17 de xuño de 2024, tivo lugar na escola un encontro de antigos alumn@s, mestres e membros das distintas ANPAS que viñeron contarlle aos nenos e nenas de hoxe como era a escola de antes. Faláronlle dos deportes que facían, do comedor escolar, das merendas, das asignaturas, dos castigos etc... Unha xornada moi motivadora, emotiva e de reencontros coa que o pasamos moi ben.

 

 

Consorcio do Louro

GAÑADORES DA 7ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "MISIÓN SOSTIBLE: ACCIÓN SALVAR O PLANETA".

O pasado luns día 24 de xuño, tivo lugar a entrega de premios do concurso de debuxo que organizou o Consorcio Augas do Louro e no que participou o alumnado do CEIP Nº2 de Tui. O uso da auga, o seu coidado  para salvar o planeta foron os obxectivos do mesmo. A alumna de 4º B Alejandra Vidal foi unha das finalistas. Noraboa!! 

TUI ALEJANDRA VIDAL RODRÍGUEZ - CEIP PLURILINGÜE Nº 2. FINALISTA

TUI FINALISTA - ALEJANDRA VIDAL RO DRÍGUEZ (CEIP PLURILINGÜE Nº2)

Para máis información prema aquí.

Actividades no Medio Natural

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Xoves  20 de xuño de 2024.

 O pasado xoves día 20 de xuño de 2024 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas  dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.

 Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.

Actividades no Medio Natural

Tui en Ruta 24.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade estivo destinada os/as 60 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o martes 18 e mércores 19 de xuño de 2024.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 18 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos visita de David Fernández, que nos falou das diferentes modalidades de ciclismo, un referente a  no mundo do ciclismo a nivel mundial, finalizamos cunha ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei onde tivemos contacto coa pesca grazas á familia de Pedro Medina. 

 

2ª Xornada: O día 19 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.

 

Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.

Promoción Deportiva

Promoción de Fútbol

Martes 18 de xuño de 2024.

O martes 18 de xuño de 2024 o alumnado de 1º,2º,3º,4º e 5º de Ed. primaria, gozou do deporte. Con Juan e varios xogadores coñecemos o Tyde Fútbol Club que adestra nas instalacións deportivas de Fútbol Alvarez Durán de Tui. Un deporte fantástico que nos animaron a practicar e a realizar durante o verán no seu campus.

Actividades no Medio Natural

Aloiada 24

O C.E.I.P. Nº2,   C.E.I.P. Nº1,  C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui,  C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei, C.E.I.P. de Caldelas e o CPR Hnos Maristas de Tui en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2024.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

 

 

1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

 

2ª Xornada: O día 15 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

 

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Actividades no Medio Natural

Ruta en Patinete 4º.

Mércores 12 de xuño de 2024

Hoxe, mércores 12 de xuño de 2024, levouse a cabo unha ruta en patinete para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.

Moitísimas grazas a todas as familias, ANPA do colexio, Concello de Tui, Policía Local, monitores dos distintos talleres (Hugo, Vanesa...), e por suposto, ás titoras de 4º e ao centro educativo. Grazas a todos o alumnado de 4º gozou dunha xornada espléndida.

 

 

 
 


by Dr. Radut