Skip to Content

Monthly archive

25 de novembro

 

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

 

Entre tod@s, educación e respecto

Benvidos ao curso 20/21

Benvidos ao curso 20/21

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 20/21. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz, ainda con todas aquelas limitacións que nos poida traer a pandemia do Covid-19 que estamos a vivir...

E queremos darlle a benvida á profe Noelia de 1º, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri, a profe Raquel e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano no que sigamos por terceiro ano levando a cabo " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".

 

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Tripes en Tui. 

O pasado sábado 21 de novembro, aproveitando que o noso entorno está ideal para pasar momentos entrañables, Yago Pazo de 5ºA visitou coa súa familia os Muíños do Tripes en Tui. Un lugar con moito encanto para relaxarse e pasar grandes momentos no medio natural. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

Alimentación Sa e Saudable Eramus+ Sorbete de Mandarina.

Alimentación Sa e Saudable Eramus+

Sorbete de Mandarina.

O alumnado do CEIP Nº2 de Tui, traballamos para poder compartir con vós delicias de: Almorzo, Comida, Cea, Merenda. Cociñamos as nosas receitas en familia e preparámolas con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Noemi de 4ºB preparounos Sorbete de Mandarina. Aquí vos deixamos a súa receita e boa mostra do rico que está. Exquisito Noemi.

 

Sara de 4ºB preparounos “Un Sandwich vexetal”. Aquí vos deixamos a súa receita e os seus bos consellos. Riquísimo Sara.

Nayara de 4ºB déixanos a súa proposta de menú saudable que vos deixamos a continuación.

 COMIDA SALUDABLE

DESAYUNO:  Zume de laranxa con plátano,  noces  e un vaso de leite .

ALMORZO: Ensalada con cenoria, ovo, atún, millo, aguacate y espárragos.

MERENDA: Iogur e unha mazá.

CEA: Tortilla francesa.

 

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui. 

O pasado domingo 22 de outubro, Sara Penedo de 3ºB visitou coa súa familia os Muíños do Río Furnia na parroquia de Pexegueiro en Tui. Un lugar con moi bonito e que moitos descoñecemos. O Río Furnia xa nos ten deixado imaxes do seu paso pola parroquia de Malvas, pero agora Sara invítanos a descubrir este tramo en Pexeguero. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña).

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña). 

O pasado luns 12 de outubro, Iria de 5ºA visitou coa súa familia Aguiño unha parroquia do Concello de Ribeira na provincia de Coruña. Aguiño é un pobo mariñeiro con múltiples encantos, á amabilidade das súas xentes, as estupendas vistas ao mar, a beleza do seu entorno...

Iría enviounos unhas imaxes fantásticas que nos deixan con gañas de visitalo en canto o peche abandone Tui.


 

Moitas grazas a Iria e a súa familia.



by Dr. Radut