A senda do banco máis bonito do mundo en Redondela, é un lugar que vai polo mesmo lugar que vai o Camiño de Santiago Portugués. Chegar ata este lugar supón unha camiñata moi longa, pero paga a pena. A familia de Daniel e Javier Docampo fannos chegar unhas fotos fantásticas. Moitas grazas. Anímadevos a pasar un día en familia, neste lugar.
Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Salceda de Caselas.
Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Deixamos algunhas sendas de Salceda de Caselas que nos invita a facer Elena de 6ºA, pinchade na senda que queirades visitar:
O monte Santa Tecla na Guarda é un espazo magnífico con vistas á desembocadura do Río Miño. Tamén atópase alí un antigo poblado celta. Yonny de 6ºA estivo aquí coa súa familia e danos conta con imaxes de que paga a pena visitar este lugar.
Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 pola Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa, a incorporación do alumnado ao centro educativo farase gradualmente, do seguinte xeito:
O día 10 de setembro, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
O día 11 de setembro incorporarase de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
Con motivo da situación actual derivada do COVID-19, realizaremos as entradas e saídas de xeito escalonado. Na seguinte táboa detallamos cursos e horarios.