Skip to Content

Monthly archive

BO NADAL!!

A nosa horta vestiu as súas mellores galas de Nadal para que, xunto co traballo doutros equipos do centro, os nosos nenos sintan que a pesar das circunstancias....debemos conservar (con sentidiño) a ilusión, a esperanza e o optimismo propios desta época. Os nosos nenos merecen isto e máis!Sorriso

Dende o equipo de Voz Natura...Bo nadal!!

 

Vémonos no 2021!!

 Merry Christmas

Our garden wanted to celebrate Christmas as well so the put their best clothes.

Merry Chistmas from "Voz Natura" team.

See you on 2021!!

O MELLOR CONSELLO....POR 4º B

Nestes tempos tan complicados, nunca está de máis recordar un dos mellores consellos que debemos seguir para gañarlle ao virus......e se se fai en galego....e cantando....que máis podemos pedir???

 

Nesta ocasión, o alumnado de 4º B presume de lingua e de voz....preme na imaxe para desfrutar e cantar con eles!!!

BO NADAL

 Dende o CEIP Plurilingüe Nº2 desexámosvos moi boas festas. Deixámovos este video cos nosos mellores desexos.

 

 
Moi BO NADAL a tod@s.

Recordade que voltamos o luns 11 de xaneiro, ao concedernos o 8 de xaneiro como día non lectivo.

PANXOLIÑAS DE NADAL

 

PANXOLIÑAS DE INFANTIL

 

3 ANOS A

3 ANOS B

  4 ANOS    5 ANOS

 

(PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO)

A espada de Xiana

Xogos Populares

A Espada de Xiana de 4ºB

25/11/21

Xiana de 4ºB, quixo compartir con nós un xoguete popular fabricado por ela mesma. Na clase do día 25 de novembro trouxo a súa espada que fixo con materiais reciclados. 

 Moitísimas grazas Xiana.

Alimentación Sa e Saudable. Eramus+ Pastel de Cenoria.

Alimentación Sa e Saudable.  Eramus+

Pastel de Cenoria.

Estes días de merendas saudables imos convidarvos a probar o Pastel de Cenoria  que preparou Helena de 2ºC coa súa familia. Cociñouna  con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Moitas grazas Helena. Ten unha pinta exquisita.CansoCanso

A volta ao Mundo de Lúa

A volta ao Mundo de Lúa 

No mes de Novembro retomamos a “Volta ao Mundo de Lúa” que comezamos o curso pasado. O confinamento non permitiu rematar a volta completa, así que este ano imos tentar entre todos rematala. Todos os días o alumnado do colexio percorreremos millas cada recreo, así conseguirémolo. Este ano vai ser un pouco distinto xa que coas medidas Covid-19 , soamente poderemos facer a milla un día a semana.

Para todo isto, primeiro preparamos o percorrido con nova sinalización.

Lúa mandounos unha postal dende Irlanda onde pasou o confinamento e explicounos como temos que facer este curso para axudarlle.

Así que nos imos a poñer en marcha para conseguir moitas millas axiña. Imos aló!!

 

 Lua's mile

 

In november we brought “Lua’s world tour” back. The pandemic situation didn’t let us finish the tour so this year we are going to try to do it all together. This year, Due to COVID-19 situation, pupils can only participate once a week.

A Milla de Lúa

A Volta ao Mundo de Lúa

Dende o mes de novembro cada clase estamos a percorrer a milla un día a semana. Este ano coas medidas Covid-19 non podemos facelo a diario coma ata o de agora. Pero imos tentar rematar con Lúa a volta ao mundo en Millas.

 

 Lua's world tour

This year we cannot help Lua as much as we can because of the covid but anyhow, we always help Lua to walk a little bit more. 

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Biblioboletín 1º Trimestre curso 20/21.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.



by Dr. Radut