Benvidos ao curso 20/21
O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 20/21. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz, ainda con todas aquelas limitacións que nos poida traer a pandemia do Covid-19 que estamos a vivir...
E queremos darlle a benvida á profe Noelia de 1º, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri, a profe Raquel e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.
Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano no que sigamos por terceiro ano levando a cabo " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".