O pasado Venres 19 de Febreiro de 2016, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, na A Macoca, para o alumnado de 5º de Primaria do noso cole. Nesta Xornada tamén participaron todos os alumnos de 5º do Cep Altamira de Salceda, do Ceip Caldelas de Tui, do Ceip Guillarei, do Ceip Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Pazos de Reis e do Colexio Sta Mª Maristas.
Disfrutamos das probas de atletismo de 60m lisos, 500m lisos, Salto de Lonxitude, Lanzamento de Vórtex, Lanzamento de Peso e Carreira de Relevos. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial.
O pasado venres 18 de decembro os nenos e nenas de primeiro participamos no Festival de Nadal cantando e bailando varias cancións. Ata o profe Javi se animou e acompañou aos seus nenos e nenas coa guitarra. Pero que ben o pasamos, e canto nos gustaron as actuacións doutros compañeiros e compañeiras do cole!!!
O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona
A competición comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.
Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.
O Vindeiro Domingo 6 de Marzo de 2016, terá lugar en Tui a V BTT 2016 EUROCIDADE organizada pola Eurocidade Tui-Valença e coa colaboración do Club Biciosos.
Esta proba comezará ás 9:00h polas rúas de Valença, para trasladarse depois ata Tui e rematar en Valença…Unha proba xa consolidada no calendario da Eurocidade, da que vos animamos a disfrutar.
O Vindeiro Domingo 28 de Febreiro, terá lugar en Porriño a XI Carreira Xovenes Atletas, que organiza o Club Atletismo Porriño, xunto ao Concello de Porriño..
Nesta proba poderán participar todos os nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2013…
A proba terá lugar nas rúas céntricas do Concello de Porriño, as distancias son bastante asequibles, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao rematar a proba.
Por todo isto, animamos a tod@s @s nen@as a participar na mesma… Adxuntamosvos máis información aquí.
Aquí vos deixamos as clasificacións da Competición de Bádminton Benxamín..Como na primeira xornada asistiron moi poucos participantes de estas categorías, xa se levou a cabo a xornada clasificatoria, polo que hoxe, Martes 16 de Xaneiro, non teremos Xornada de Bádminton Benxamín...Clasificáronse para a Xornada final do Mércores día 24 de Febreiro os 8 primeiros de cada categoría, aquí podedes ver ás clasificacións:
O pasado Martes 2 de Febreiro tivo lugar a 2ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º) da Competición Escolar de Bádminton, no Pavillón do Ceip Randufe. Do noso cole participaron bastantes nenos e nenas, que como veredes nas foto pasárono moi ben.
Nesta xornada decidiuse quen vai participar na Xornada Final en Tomiño o vindeiro Mércores 24 de Febreiro…Aquí vos deixamos a clasificación…Noraboa a tod@s participantes.