Skip to Content

Monthly archive

PROMOCIÓN DE BALONCESTO

XORNADAS DE PROMOCIÓN DE BALONCESTO

O pasado luns día 19 de setembro os nen@s dende Infantil de 5 anos ata os 4º de Primaria fomos o pavillón vello as xornadas de promoción do baloncesto.

Alí fixemos moitos xogos para aprender a botar á pelota, a lanzar, a pasala duns a outros.....fixemos moito exercicio e pasámolo xenial.

Aqui vos deixamos unhas fotos desa estupenda xornada de deporte

PROMOCIÓN DE BIKE

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BIKE

O luns día 19 de Setembro estiveron no noso colexio Anxo e Xacobe. Viñeron a amosarnos o deporte que practican: o descenso en bike e o enduro. Actividades que queren introducir como extaescolares no colexio.

Explicáronnos as diferenzas entre unha bicicleta convencional é unha de enduro e ensináronnos vídeos espectaculares de baixadas polo monte e campionatos.

Aqui tedes unha mostra do que aprendemos e se queredes comezar a practicalo podedes chamar ao teléfono:711717665 Xacobe

 

 

CLINIC JOE ARLAUKAS DE BALONCESTO EN TUI

 

Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto en Tui.

O vindeiro día 2 de Xullo vai ter lugar, no Pavillón Novo de Tui, o Clinic Joe Arlauckas de Baloncesto. No que poden participar todas as persoas con inquietudes no mundo do baloncesto...

No mesmo participarán Pepe Laso, Pepe Casal,Antonio Carrillo entre outros, que nos aportarán parte da súa experiencia deportiva. ...

Para máis información: www.campusjoearlaukastui.com

FASE FINAL DO XXXII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBES

 Fase Final do XXXII Campeonato de España de Clubes Infantil Femenino de Baloncesto.

Os pasados Luns 13 e Martes 14 de Xuño, @s alumn@s do Ceip Nº2 de Tui, disfurtamos do XXXII, Campeonato de España de Clubes de Baloncesto na categoría Infantil feminina. O certo é, que nos convertimos nun público de excepción, tal como podedes ver nas fotos. Con todas as nosas forzas animamos, a Murcia, Salamanca, Pais Vasco, Navarra...e aprendemos moitas cousas de Baloncesto. Noraboa aos equipos gañadores.

BEISBOL

Beisbol na escola.

No 3º Trimestre estivemos a investigar e xogar sobre os deportes alternativos: entre eles xogamos e descubrimos moitas cousas sobre Beisbol…Un deporte pouco coñecido para nós, pero que á gran maioria de alumn@s nos gustou e disfrutamos moitisimo xogando.

Eloy de 6ºC e Antia de 3ºB, quixeron compartir con nós o seu material deportivo, para iniciar este deporte e moi fácil de usar. Moitas gracias a Eloy e a Antia.

III CAMPUS DE PATINAXE RIBEX

 III Campus Patinaxe Ribex

 1-15 Xullo

 Pav. Ies San Paio

 O Club Ribex de patinaxe organiza do 1-15 de Xullo o III Campus de Patinaxe Ribex, nas instalacións do Ies San Paio, en horario de 9:30 a 13:30h, con gran variedade de actividades...animamos a tod@s ne@s a participar.

Xogos

 

Pou

Tipo: Coidar Mascotas

Precio: Gratis

O pou é un xogo de coidar a un alien, por exemplo: Darlle de comer, xogar con el,
bañalo.Tamen podes comprarlle roupa para que ti o vistas como queiras.
Se pode personalicar a mascota de pou que pode ser un can, un gato,
un coello, etc...

 

CAMPUS DE FÚTBOL DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

 Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo

4-8 Xullo de 2016

Instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

Tui acollerá o campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo, que vai ter lugar do 4 ao 8 de Xullo en horario de 10:00-14:00h, nas instalacións deportivas Municipais Alvarez Durán.

O Campus está dirixido a xoves de 4 a 16 anos. As inscripcións están abertas ata o día 1 de Xulo a través da Web www.fundacioncelta.com.

Animádevos a disfrutar do futbol no verán!.

II CAMPIONATO DE JUDO EUROCIDADE E III CAMPIONATO IBÉRICO DE KUNF FU EUROCIDADE

 

II Campionato de Judo Eurocidade e III Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

 

O deporte volve a ser protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença con dous eventos destacados que se van celebrar nos pavillóns de deportes das dúas cidades. Trátase do II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado no pavillón de deportes de Valença e do III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade que se disputará no novo pavillón de deportes de Tui o Domingo. Os dous foron presentados esta mañá na casa do concello de Tui.

Con respecto ao II Campionato de Judo Eurocidade que se celebrará o sábado dende ás 12.30 hora española no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, destacou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete, pertencentes a 9 asociacións e 30 clubs, 23 de Portugal e 7 de España.



O Domingo a cita será dende ás 10.30 hora española no novo pavillón de deportes de Tui co III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade, con entrada gratuíta. Serán algo máis de 2 horas dun espectáculo deportivo moi dinámico nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi no que participarán máis de 300 deportistas, gran parte deles premiados en campionatos nacionais e internacionais.

Animádevos a disfrutar de este evento. Podedes atopar máis información en: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3503

 



I CAMPUS SARA TUI

 I Campus Sara Tui.

18-22 de Xullo 2016

Campo de Futbol Alvarez Durán Tui

 Do 18 ao 22 de Xullo, en horario de 9:00h-13:00h, vaise levar a cabo o I Campus Sara Tui, de Fútbol, nas instalacións de Fútbol do campo Alvarez Durán de Tui.

Este Campus ten como obxectivo mellorar o adestramento específico dos nenos entre 6 e 14 anos.

Animamos a todos aqueles nen@s que vos guste o fútbol, a disfrutar de esta gran oportunidade....

Sara Tui é unha xogadora tudense, que na actualidade xoga na 1ª División de Fútbol Feminino Nacional.. As gracias a esta gran xogadora por esta gran labor. Gracias Sara!.



by Dr. Radut