Skip to Content

Monthly archive

O CLUBE BALONMÁN TUI GAÑA AO TEUCRO C

O Equipo Alevín A do Clube Balonmán Tui, xogou a a fin de semana do 24 de Xaneiro de 2015, o seu correspondente encotro de liga. O partido foi C.B. Tui- Teucro C, con resultado favorable para o equipo tudense de 10-0. Neste equipo xogan Diego Rodríguez de 6ºC

Noraboa por estes grandes resultados

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Gondomar segue a xogar a liga da Temporada 15-16

O equipo Alevín do Gondomar, onde xoga o alumno Jonathan de 6ºC, segue a xogar a liga,  da temporada 15-16.

O pasado fin de semana, do 30 de  Xaneiro de 2016, obtivo este resultado:

Gondomar F.C-Sardoma  Resultado 4-3

Isto fai que sean 4º na súa liga. A nosa noraboa para o equipo do Val Miñor.

Información facilitada por Jonathan de 6ºC.

UN CAMPIÓN DO NOSO COLE

O Alumno Raúl Mansinho Campión de España de Campo a Través

 

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Raúl Mansinho, ven de proclamarse Campión de España, na proba de Campo a Través, para persoas con discapacidade, na categoría Infantil.

Dito campionato tivo lugar no Campo do Palacio da Magdalena en Santander o pasado 30 de Xaneiro.

 
 

Aquí vos deixamos un enlace, onde podedes atopar máis información:

http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3305

 

Os nosos parabéns para este gran campión!!!!!!!!!!.

 

2ª Xornada de Bádminton Alevín Curso 15-16

2ª Xornada de Bádminton Alevín
Curso 15-16


O pasado  Martes 2 de Febreiro tivo lugar a 2ª xornada da categoría alevín ( 5º e 6º)  da Competición Escolar de Bádminton, no Pavillón do Ceip Randufe. Do noso cole participaron bastantes nenos e nenas, que como veredes nas foto pasárono moi ben.

Nesta xornada decidiuse quen vai participar na Xornada Final en Tomiño o vindeiro Mércores 24 de Febreiro…Aquí vos deixamos a clasificación…Noraboa a tod@s participantes.

 

O TYDE ALEVÍN CAMPIÓN DE LIGA

O TYDE ALEVÍN PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE LIGA

O equipo alevín do clube tudense proclause campión da liga. Contando todolos seus partidos con victorias o Tyde conseguíu 36 puntos.

Aqui tedes a clasificación final e unha foto do equipo

 

 

Clasificacións de Bádminton Benxamíns

Clasificacións de Bádminton Benxamíns.

Aquí vos deixamos as clasificacións da Competición de Bádminton Benxamín..Como na primeira xornada asistiron moi poucos participantes de estas categorías, xa se levou a cabo a xornada clasificatoria, polo que hoxe, Martes 16 de Xaneiro, non teremos Xornada de Bádminton Benxamín...Clasificáronse para a Xornada final do Mércores día 24 de Febreiro os 8 primeiros de cada categoría, aquí podedes ver ás clasificacións:

Clasificación Benxamín Feminina.

Clasificación Benxamín Masculina.

XI CARREIRA XÓVENES ATLETAS EN PORRIÑO

XI Carreira Xovenes Atletas en Porriño

 

O Vindeiro Domingo 28 de Febreiro, terá lugar en Porriño a XI Carreira Xovenes Atletas, que organiza o Club Atletismo Porriño, xunto ao Concello de Porriño..

Nesta proba poderán participar todos os nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2013…

A proba terá lugar nas rúas céntricas do Concello de Porriño, as distancias son bastante asequibles, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao rematar a proba.

Por todo isto, animamos a tod@s @s nen@as a participar na mesma… Adxuntamosvos máis información aquí.

 

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTRO EDUCATIVOS

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 19/02/2016

Amacoca Tui

 

O vindeiro Venres día 19 de Febreiro vai ter lugar unha proba de Promoción do Atletismo en pista para todo o alumnado de 5º do noso centro.

Tamén participarán canda nós os coles de Pazos, Rebordáns, nº1, Maristas, Guillarei, Salceda de Caselas e Caldelas

 

2. As Probas

O programa de probas estará composto por:                    

60 m. Lisos

500 m. Lisos

Lanzamento de Vórtex

Salto de lonxitude

Lanzamento de peso (2 kg.)

Relevo 4x60 m.

Podedes ver aqui a distribución do alumnado e as probas nas que van a participar cada un.

 

V BTT 2016 EUROCIDADE

V BTT 2016 EUROCIDADE

 O Vindeiro Domingo 6 de Marzo de 2016, terá lugar en Tui a V BTT 2016 EUROCIDADE organizada pola Eurocidade Tui-Valença e coa colaboración do Club Biciosos.

Esta proba comezará ás 9:00h polas rúas de Valença, para trasladarse depois ata Tui e rematar en Valença…Unha proba xa consolidada no calendario da Eurocidade, da que vos animamos a disfrutar.

Podedes atopar máis información en www.biciosos.es

 

Campionato Provincial de Campo a Través 2016

 CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Praia da Ladeira. Baiona

13/02/16

O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona

A competición  comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.

Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.



by Dr. Radut