Skip to Content

Monthly archive

BIG RIDE EOROCIDADE

 

Big Ride Eurocidade

Tui-Valença

21-22 de Maio 2016



Por 5º ano consecutivo vai ter lugar na Eurocidade a proba do Open de España de Enduro, Big Ride Eurocidade, os vindeiros días 21 e 22 de Maio de 2016.

A proba levarase a cabo no Monte Aloia en tui e no Monte Faro en Valença.

O sábado será o día dos adestramento oficiais e o domingo será o día de competición. Competición que estará formada por 4 tramos cronometrados.

Podedes atopar máis información en:

http://bigrideenduroseries.com/web/5237-2/

 

 

Festival de infantil de navidad 2015

        O festival de Nadal de infantil.

  Para celebrar o Nadal os nenos de infantil fixeron un festival.No salón de actos había moito público no ambiente do festival,a maioría pais,nais etc...Todas as actuacións tiñan un baile con moito ritmo e coordinación para celebrar o Nadal. Tras un minuto apareceron os nenos de infantil disfrazados de papa noel, nas seguintes actuacións apareceron os reis magos, árbores de Nadal e algúns renos de papa noel, e por último os nenos acabaron  a actuación con un braek dance.     

Os xogos populares no Nº2

                                                   Os xogos populares no número dous

 Coa chegada do outono...fixemos os xogos populares.
 Este ano non poidemos facer os xogos e o magosto no mesmo día debido á choiva. Así que o fixemos o día 9 de novembro,e os nenos o disfrutaron máis que nunca.
 Este ano os xogos foron diferentes debido ao proxecto realizado  no noso colexio, relacionado coa horta. Uns dos diversos xogos que fixemos foron: o baile da pataca, a carreira de cabazas,o lanzamento de castañas...




Redactores:Adriana,Alejandro y Cloe.

O XARDIN DA ESPERANZA





O XARDIN DA ESPERANZA

-Este ano o Nº2 de Tui fixemos polo día da paz ``O xardín da esperanza. Esta actividade consistía en pintar unha parede de cor verde e pór enriba un montón de tulipáns de distintas cores. Para facer os tulipáns (como pódese ver na fotografía de arriba). Todos os nenos e nenas puideron disfrutar dunha experiencia inesquecible e que quedará de recordo a todos os nenos do cole que se algún día teñen a oportunidade de volver a velo.

Redacción feita por:Alba García Pérez e Julia Maria Santos de Oliveira

As Festas de San Telmo

Vacacións San Telmo

O pasado 24 de Marzo comenzaron as vacacións de San Telmo e de semana Santa para os nenos/as do colexio Nº2 de Tui.

Estas vacacións duraron dende ese día ata o 5 de abril.

No aparcamento, ao lado do futuro centro de saúde, había moitas atraccións como o Move it, unha atracción nova que pareceu ter moito éxito.

A festa en honor a San Telmo que tendrá lugar dende o 26 de Marzo ao 4 de Abril no municipio de Tui. Veciños e visitantes poderán disfrutar ao largo destas xornadas cos numerosos actos programados para a ocasión. A festa de Tui está considerada como de Interese Turístico.
Algúns dos actos programados serán os siguientes:

Sábado 26 de Marzo as 19:30 horas terá lugar no Teatro Municipal a lectura do pregón de festa a cargo de Jorge Salgueiro Mendes. A las 21:15 horas levarase a cabo o encendido do alumeado das festas e as 21:30 horas no Paseo da Corredoira terá lugar o concerto de Ollos Pretos e Donicelas, e moitas actividades e atraccións.

Auxiliar de conversa

 AUXILIAR DE CONVERSA

 

Debido a que o colexio Nº2 de Tui somos plurilingüe, é dicir, falamos varios idiomas (galego, castelá e inglés) ven á nosa escola cada ano un auxiliar de conversa, que é unha persoa doutro país (EEUU). Con ela, melloramos a nosa pronunciación, pois visita varias clases cada día para conversar cos alumnos e alumnas (en inglés) utilizando xogos, vídeos e fichas.

Algúns dos auxiliares de conversa que vironao noso colexio son: Justin, Kyle, Anne e a de esteano Emily, que coa chegada de todos eles contáronos

sobre as súas vidas: como se chaman, en que

traballan, en que lugar dos EEUU viven, sobre as súas

familias etc.

 

O País dos mandóns

O PAIS DOS MANDÓNS

 

Con motivo do día da Paz, fomos a ver unha obra de teatro a área panorámica.

 Esta obra, trataba de tres persoas, dous chicos e unha chica que ían por moitos países. Foron ao país das chuches, e outros países, pero unha vez, foron a un pais diferente, que non era bonito. Era o país dos Mandóns, un país onde os cidadáns, facían o que lles mandaba o seu xefe, o Mandamáis.

 O Mandamáis, era o rei do país, e mandaba facer o que el quixera. Os tres protagonistas da obra fixábanse que nese país, había unha persoa que estaba varrendo constantemente, unha e outra vez, e lle preguntan:

 -Por que non paras de varrer?

 -Porque mo manda o Mandamáis, teño que varrer todo o pais unha e outra vez, unha e outra vez.

  Seguiron camiñando polo pais e se fixan nunha señora que estaba lavando moitísima roupa, e lle preguntan: -Por que lavas tanta roupa?

 E lles responde: -Porque me apetece.

 - Porque che apetece?

 -Non ho, como vaime apetecer! Lavo toda esta roupa porque mo manda o Mandamais, teño que lavar toda a roupa do pais unha e outra vez, unha e outra vez.

 

Os protagonistas seguían camiñando polo pais e pensando no que habían visto, pensaban que estaba mal e que o Mandamais non lles podía obrigar a estar todo o día traballando, entón, decidiron que ían arranxar iso como fose, non podía quedar asi.

 Camiñaron ata chegar a onde se aloxaba o Mandamais e chamaron a porta, abriu a porta o seu mordomo, e se dirixiron a falar co Mandamais.

 Chegaron ata onde estaba el e lle comezaron a falar:

 -Non pode ser que teñas a toda a xente do país traballando constantemente sen parar só porque sexas o rei deste país.

 -Este país debería cambiar de rei, non é xusto. Dicían eles.

 -Pero que dis, eu son un rei xenial.

 -Non! Xa sei o que faremos, faremos votacións. E así foi.

 Os que se presentaron foron a chica e o Mandamais, amigos da chica a votaron, e o mordomo, tamén votou a chica, polo cal, gañou de maioría absoluta, e entón a chica e os seus amigos reinaron o pais.

 Nese país agora todo estaba ben.

 

redactor: Beltrán García Rodríguez

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton Campeonato Provincial. Categoría Benxamín ( 3º,4º e alumnos). Curso 15-16

DEPORTE ESCOLAR.
Competición de Bádminton Campeonato Provincial.
Categoría Benxamín. ( 3º,4º e alumnos). Curso 15-16


O Vindeiro Sábado día 28 de Maio terá lugar o Campeonato Provincial Escolar de Bádminton no Pavillón Municipal de Ponteareas, para os alumnos que se clasificaron nas finais de Ponteareas do fin de sermana pasado. O horario dos partidos seráde 10:00h a 13:30h. O autobús pasará por Rafi ás 8:50h e do cole sairá ás 9:00h. A hora de regreso prevista será ás 14:00h.

Aqui vos deixamos a nota de inscripción por si necesitades imprimir

GUÍAS DE AUTOAXUDA

Nalgunhas ocasións desexaríamos ser quen de axudar a persoas próximas ou a nós mesmos...

Guías de autoaxuda do Servicio Andaluz de Salud

Fonte: Psicología y Orientación Escolar...

 

GUÍAS DE AUTOAXUDA

 

 



by Dr. Radut