As Lendas De 6ºC
Os nenos de 6ºC recollemos unhas lendas de lugares cercanos ao noso cole. Unha delas e a lenda da cova da moura, de Malvas.
A COVA DA MOURA
Antigamente, por Malvas, había malgúns mouros vivindo. Chegaron noticias de que ía acontecer unha desgracia. Unha moura vella sabía moito de bruxería.Nunha noite pechada, os veciños xuntáronse e preguntáronlle á moura qué ía acontecer. Esta, ca súa bola máxica, adiviñou que ía acontecer unha guerra, así que os veciños decidiron facer un túnel para poder refuxiarse, pois non eran mitos e xa facía tempo que non usaban armas. Alá arriba, no Alto de san Nemedio, construiron o túnel. Terá tres metros de fondo, e logo vai todo recto. Crese que chega ata a Guarda, pero aínda ninguén se atreve a buscar o seu final.
Outra lenda é a de Randufe, que ten unha proba de que pode ser verdadeira:
A LENDA DE RANDUFE
Hai tempo ocorreu que un home matou a unha muller que estaba nun monte entre Tui e Randufe recollendo piñas.
O home matouna porque el quería ser o único herdeiro do capital.
Unha señora que pasaba por alí viu o sucedido, escondeuse, e foi avisar á xente. Foron ata alí e atoparon ó asasino.
No lugar do crime hai un cruceiro que pon :
CARMEN GREGORES FERNÁNDEZ
FUE ASESINADAEN ESTE LUGAR
EL 3 DE MARZO DE 1894
E agora convértese en lenda porque din que se fas unha cruz ó lado do cruceiro e a intentas borrar, sempre volve aparecer.
Estas foron as lendas que deixaromovos os nenos e nenas de 6ºc. Esperamos que vos gusten a todos !