Skip to Content

Calendario Escolar 24-25

 

Períodos de vacacións

 NADAL: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos

ENTROIDO: 3, 4 e 5 de marzo de 2025

 

 SEMANA SANTA: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos

 

Días non lectivos

31 de outubro (día do Ensino)

28 de abril (festivo local)

19 de maio 

 

 

DEPORTE ESCOLAR

Competición de Bádminton Categoría Benxamín ( 3º e 4º)

Curso 24-25

O vindeiro martes,  día 19 de  novembro dará comezo a competición escolar de Bádminton, a 1ª xornada Benxamín, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe para os/as alumnos/as de 3º e 4º. O horarios partidos será de 16:30h a 18:45h.  Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o vindeiro venres día  15 de novembro. Para a xornada disporemos de autobús que sairá do colexio ás 16:00h e volverá as 19:15h . A próxima xornada, en caso de clasificarse será o mércores 27 de novembro. 

2º Viaxa a África

Cociñamos Cuscús

As nenas e nenos de segundo seguen percorrendo África e esta vez grazas a Naoual, a nai de Rim viaxamos a través da comida. Xuntos preparamos un rico Cuscús cheo de vexetais saudables como a cabaza, calabacín, ou nabo.. e especias como a cúrcuma, o xenxibre. Unha mañá a de hoxe mércores 13 de novembro, deliciosa chea de aromas, sabores e texturas novas. Grazas Naoual!

(Preme na imaxe para máis información)

Plantamos na horta

O alumnado de 6º estivemos hoxe venres 15 de novembro de 2024, transplantando na horta as plantas que tiñamos nos sementeiros, no interior da escola. Plantamos azafrán, garavanzos, leitugas, fabas, xudías, acelgas... Agora imos esperar a que medren para poder levalos a cociñar ao restaurante da escola.

(Preme na imaxe para máis información)

Galletas de Avea

O venres 15 de novembro de 2024, a rapazada da clase de 5º de Educación Infantil, elaborou unhas ricas galletas de fariña de avea e plátnao. Despois na hora da merenda deron boa conta delas, cunha degustación moi sabrosa.

(Preme na imaxe para máis información)

Inauguración da milla Ao Son do 2

O xoves 24 de outubro, despois do recreo, o alumnado do colexio tivemos a oportunidade de inaugurar a milla para correr e gozar da boa saúde.

Magosto e Baixada de Carrilainas

O pasado venres 25 de outubro de 2024 tivo lugar o noso magosto coa tradicional degustación de castañas asadas e baixada de carrilanas.

(preme na imaxe para máis información)

COMPOSTEIRO

Como xa é tradición, por estas datas recollemos as follas secas que nos regala o outono para facer estructurante e botarllo ao  composteiro. Así que o luns día 11 de novembro, o alumnado de 3º recollemos moitas para ter durante o inverno.

Cuchipandas Terroríficas de Samaín

O pasado mércores día 30 de outubro de 2024, celebramos na escola a festa do Samaín, onde non faltou pócema máxica e excelentes alimentos terroríficos, que degustamos nunha cuchipanda terrorífica especial. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos.

Biblioteca

SAMAÍN

Chegaron días de misterio, de susto, de personaxes encantados...CHEGOU O SAMAÍN!

Recordade que na nosa biblioteca as historias poden ser de todo tipo e xa temos uns cantos contos de vampiros, morcegos, bruxas... que vos poden interesar.



 

Alimentación saudable

Receita de Outubro. Castañas cocidas

    Coa chegada do mes de Outubro, os nosos bosques enchéronse de castañas ao rir os castiñeiros. Nos paseos en familia recollemos moitas para sementar e degustar na escola. Esta semana decidimos facer unha receita especial "Castañas cocidas" con fiuncho, néboda e sal.

   Tivemos que poñer a proba os nosos sentidos: O olfato, o gusto e o tacto, fixeron que resultaran emocións agradables e desagradables.

No recreo degustámoslas e ben que nos gustaron! 

(Preme na imaxe para acceder a toda a información).

 

 

Nutriescolas

Pan Rollo Clipart Dibujos Animados Bollo Bollo Cara Ilustración Vector PNG  ,dibujos Bollo De Pan, Clipart, Dibujos Animados PNG y Vector para  Descargar Gratis | PngtreePanadeiros por un día.Comiendo Bolillo Con Huevo GIF - Bolillo Susto Para El Susto - Discover &  Share GIFs

O alumnado de 5 anos transformouse en panadeir@s por un día. Todos colaboramos na elaboración de pan.

Quedounos riquísimo!!

Na hora da merenda gozamos dun riquísimo choripan! ÑAM!!

 

Un Patio sen residuos

O alumnado de 5º B nos ensina a reciclar e dozar dun patio sen residuos.

Preme na imaxe para accedeo ao video.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut