Estamos ultimando os detalles para o próximo día 21 celebrar conxuntamente os días da árbore, da auga e da poesía.
Pero este ano queríamos algo distinto, relacionado co día da Árbore e pedímoslle axuda ao C.E.E INFANTA ELENA de Monforte de Lemos, xa que sabemos que "controlan" moito do tema porque teñen P.F.B de Xardinería e contan co seu propio invernadoiro...
E que mellor explicación podíamos ter que duns expertos na materia!!!!
Dende o equipo de biblioteca do centro, coordinándose coa profe Noelia e a súa titoría ( composta por: Lidia, Joel, Hugo, Iván, José e Daniel) e fixeron este magnífico vídeo que compartiron con nós para conmemorar o día da Árbore e ademais ensinarnos algúns dos seus coñecementos.
Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI )
Xa fose mediante o uso da tecnoloxía: audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional)
Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.
O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.
GRAZAS A TODAS.
Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:
A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)
Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel.
Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º.
Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º
A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.
Deixámosvos tamén un DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional: manuscritas e algunhas máis manuscritas ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas.
O pasado xoves día 23 conmemorouse o aniversario do nacemento da poetisa, tamén coñecido como o DÍA DE ROSALÍA .
No centro, ademais do traballo de aula quixemos levar os poemas da autora a todos os recunchos.
Así: algunhas aulas escribiron poemas da autora nas fiestras de Radio Xuve, ou da Biblioteca Escolar e outras aulas o que fixeron foi plasmar e papel ou cartolina os seus poemas e colgalos das árbores, ou dalgún lugar do noso patio para compartilos.
Foi unha actividade de traballo en equipo, que fomentou a creatividade do alumnado ao mesmo que conmemoramos a esta figura tan importante da literatura galega.
Acó vos deixamos unhas poucas fotografías do proceso:
O pasado mércores día 8 tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO.
Desta volta reunímonos para falar da 1ª lectura deste curso, INFAMIA de Ledicia Costas.
Foi unha reunión moi intensa, que deu lugar a un amplo debate e un intercambio de pensamentos e sobre todo falamos sobre infancia, empatía, medo, víctimas e culpabilización das mesmas.
Da importancia de que os fillos e fillas confíen sempre, e quizais a pregunta que máis saiu foi : para cando unha segunda parte de Infamia?
Gustounos moito a lectura, aínda que saiu tamén a "dureza" da historia, os paralelismos e tamén os temas de transfondo.
Presentamos tamén a seguinte lectura , que será "A CULPA" de María Solar ( Premio Xerais 2022) que ten unha sinopse máis que atractiva e interesante...
O pasado mércores 25 de Xaneiro tivemos a primeira reunión dos Clubes de Lectura de Alumnado: un en 5º e outro en 6º de ED. Primaria.
Repetimos a primeira actividade que fixeramos o curso pasado co alumnado do Clube ( os que estaban en 6º o curso pasado) , tivemos que retrasar a reunión porque queriamos ir andando ata o Castro de Cameixa debido á climatoloxía adversa do final do 1º trimestre.
Xa que este curso iniciamos o clube coa mesma lectura, coa que o fixemos o curso pasado "Baroña ou Morte" de Pepe Carreiro.
As titoras de 5º e 6º ademais de facer a lectura con eles e elas na "hora de ler" traballaron a nivel de aula , e investigaron sobre os Castros.
Despois de chegar e repoñer forzas, observaron a información sobre o Castro no panel informativo e fixemos os últimos metros, para atoparnos co mesmo.
Alí fixemos un xogo, falamos un pouco do libro e despois demos conta dunha boa e saudable merenda!!
O pasado 19 de decembro tivemos a 1ª reunión do Clube de Lectura de "Familias e profesorado".
Este ano aumentamos o número de familias participantes, o cal anima moito a seguir adiante con esta actividade que nos resulta tan gratificante.
Esta primeira reunión foi un pouco para presentarnos ( especialmente as novas incorporacións) e falar de que tipo de lecturas nos gustan.
O outro punto a tratar foi a 1ª lectura para este curso: "Infamia" de Lecidia Costas. Demos unhas pequenas pinceladas, falamos da autora, do outro libro que lemos dela, co que iniciamos o curso pasado.
Cada unha falou da súa "lectura de verán" as eleccións foron moi variadas , tanto en galego coma en castelán e algunhas resultáronnos moi moi intersantes.
Sin facer demasiado "spoiler" cada quen falou do argumento do libro e que foi o que máis lle gustou da historia .
E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.
Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.
Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!
En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".
Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!!
Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.