Skip to Content

                              

familias

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Por terceiro ano consecutivo,  dende o equipo de biblioteca convocamos o Concurso de Postais de Nadal.

 

Agradecemos as familias a súa participación e colaboración  e mantemos o mesmo espírito.

GRAZAS POR PARTICIPAR.

 

 

 

SEGUNDO "CONTACONTOS" POR PARTE DAS FAMILIAS.

Chegou ao cole a segunda colaboración por parte das familias para o "Contacontos"

 

Desta volta, foi Vanesa, a mamá de Tania ( que contou coa súa colaboración) da clase de 5 anos a que se animou a contarnos un conto . E deunos permiso para poder publicalo na conta de "youtube" da biblioteca.

 

O conto seleccionado foi " A tartaruga que quería durmir"      (premede para ver a ficha do libro)   escrito por  Roberto Aliaga e publicado por OQO editora.

 

Aquí vos queda esta fantástica historia contada magníficamente por Vanesa, coa colaboración de Tania.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS DÚAS!!!!!!!!!

 

 

 

 

E aquí tedes unha foto das dúas protagonistas: Vanesa recibindo un diploma de agradecemento

das mans da súa filla Tania:

 

COMEZAN OS CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS!!!

Este curso, non queríamos prescindir dunha actividade que nos parece importantísima e ademais lles encanta:

OS CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL 1º  e 2º de Primaria, por parte das familias.

Solicitamos a axúda das familias para manter os contacontos, pero desta volta de xeito TELEMÁTICO.

 

A primeira que se animou a contarnos un conto, foi Beatriz, a nai de Xermán ( que tamén colaborou nesta narración).

 

O conto  escollido foi "A banda de Raimunda", escrito por Pablo Nogueira, e ilustrado por Manuel Uhía , publicado por Baía Edicións. 

 

Aquí queda este magnífico contacontos, que Beatriz nos permitiu publicar na conta de "youtube" da biblioteca. 

 

Desfrutádeo tanto coma nós!!!!

E moitísimas grazas a Beatriz por compartir a súa arte con nós!!!

BOA LECTURA. 

 

 

 

E aquí tedes unha foto dos protagonistas: Xermán entregándolle un diploma de agradecemento á súa nai:

 

AGRADECEMENTO

 

 

Dende o cole, e especialmente dende o equipo de BIBLIOTECA queríamos agradecer a Rocío,  tía de Xermán da clase de 4 anos a doazón que nos fixo  en xuño, a finais de curso.

 

 

Polo cese do seu  negocio de videoclube , doóunos unha chea de películas para aumentar a nosa colección,  con películas:

-"Para todos os públicos"

-"Non recomendadas a menores de 7 anos" 

 

Quixemos ter un pequeno e simbólico detalle con ela, e pensamos  que  non había  mellor  momento , que nas datas máis próximas ó día das bibliotecas escolares (24 de Outubro). 

 

Aquí vos deixamos unhas poucas fotos do momento da entrega do agasallo

das mans de Xermán.

 

Moitísimas grazas Rocío!!!!!

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Como sabedes o próximo día 24 é o día das BIBLIOTECAS, o venres 23 celebrarémolo no cole, esta semana iniciamos parte das actividades da nosa BIBLIOTECA ESCOLAR: préstamo individual e mochilas viaxeiras.

 

Deixámosvos as normas para o uso das mochilas.

Adxuntamos tamén o arquivo en PDF (que ten mellor calidade ) esta nota irá incluída en cada mochila, ademais das normas de uso xeral da biblioteca por mor do PROTOCOLO COVID-19 e o diario da mochila.

 

Agardamos que desfrutedes do contido das mochilas. BOA LECTURA EN FAMILIA. 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL

Gustaríanos seguir mantendo a actividade de "Contacontos para ED. Infantil" por parte das familias e comunidade educativa.

 

Pedimos a vosa colaboración, animádevos á participar. Grazas!!!!!!

E xa sabedes, enviade as vosas creaccións á biblioxuve@gmail.com 

 

DEZ PIRATAS CON SABELA GAGO

Aquí volvemos ter de novo a Sabela Gago co conto "Dez piratas" de Santillana.

DÍA DO LIBRO 2020: CAL É O TEU LIBRO FAVORITO??

Para celebrar este ano o día do libro, 23 de abril,  dende a distancia, lanzamos unha proposta: 
 
 CAL É O VOSO LIBRO FAVORITO?
 
 A participación voluntaria, para toda a comunidade educativa. Moitas grazas a todas as familias que se implicaron e participaron, e tamén ó profesorado que compartiu con nós a súa escolla.
 
 Aquí tedes o resultado: Un pequeno vídeo con todas as aportacións:
 

 

 

E se o queredes ver, tranquila e pausadamente creamos un documento en ISSUU ,
para que o vexades en formato "libro" con máis calma.
 
Premede na imaxe para ir á publicación.
 
 
 
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E BOA LECTURA!!!!

 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAL PARA ED INFANTIL (20-26 ABRIL)

Aquí vos deixamos a proposta de traballo para ED. Infantil  desta semana ,
do 20 ó 26 de abril
 
Premede na imaxe para ir á proposta ( arquivo PDF)
 
 
 
 
ÁNIMO!!!
 NOTA: SE NOS QUEREDES ENVIAR ALGUNHA FOTO CON ALGUNHA DAS PROPOSTAS FEITAS A xuvefoto@gmail.com SERÁ BEN RECIBIDA. MOITAS GRAZAS
 

PROPOSTA PARA CONMEMORAR O 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do día do LIBRO o próximo día 23 de ABRIL , dende o equipo de Biblioteca do cole, queremos propoñervos unha actividade para que participedes
todos e todas:  profesorado, alumnado e familias. 

 

 
 
Podedes ser creativos/as e botarlle imaxinación e utilizar o  formato que queirades, ou se preferides, adxuntamos dous modelos en formato PDF para que poidades imprimir :
 
 MODELO  para ED. INFANTIL e 1º e 2º de Primaria:  premede  AQUÍ!
 
MODELO  para 3º, 4º, 5, 6º e adultos: premede AQUÍ! 
 
Animádevos a participar.
 
Tedes ata o día 23 de abril.
 
 
GRAZAS!!!!!



Distribuir contido


by Dr. Radut