O Colexio atópase no Concello de Boborás, está ao Noroeste da capital da provincia (Ourense) a unha distancia de
O clima é suave, fresco no verán e frío no inverno cunha temperatura entre 6º e 19º.
A poboación é de 3.888 esta repartida en 14 parroquias (Albarellos, Astureses, Brues, Cameixa, Cardelle, Feás, As Laxas, Moldes, Moreiras, Pazos, Regueiro, Xendive, Xurenzás e Xuvencos). Forma parte da Comarca do Carballiño, mantendo con el lazos comerciais e funcionais.
A poboación de Boborás presenta características da zona rural ourensán. Hai que resaltar a importancia da emigración tanto a América como a Europa. É importante resaltar a construción da segunda vivenda, que permanecen pechadas durante case todo o ano. Un factor importante a ter en conta foi a baixa natalidade de anos anteriores que veu repercutindo no Colexio. Hoxe en día parece que están xurdindo efecto as medidas realizadas desde o Concello e parece que o índice de natalidade volve a estar crecendo, esperemos que siga así.
O colexio está construído na estrada que vai da Almuzara a Boborás a
O alumnado procede dunha zona rural montañosa con moi pouca comunicación a nivel de transporte público, que dificulta ao alumnado o seu deselvolvemento integral o cal depende case na súa totalidade do feito no centro e nas actividades extraescolares que promove o Concello.
É unha zona vitivinícola e ten poboación dispersa con poucos habitantes por pobo. A vivenda é unipersoal de boa construción con patios de recreo familiares. A maioría fan algún tipo de cultivo agrícola para o seu consumo propio. Existe moita emigración cara América e Centro Europa, con separacións familiares, fillos, pais etc. con graves repercusións afectivas. No sector traballo non existen industrias e a maior parte da man de obra está na construción e na agricultura.
Usualmente fálase o galego, aínda que debido a emigración a países hispanoaméricanos o castelán tamén é unha lingua de moito uso a nivel familiar.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |