Skip to main content

PDI

SON DE CEDEIRA - UNHA VILA CANTANDO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que se volcaron

coa escola, tanto brindando información, como participando en innumerables

obradoiros, actividades de documentación, gravacións en radio, identificación

de persoas nas fotografías, realización de xogos, música, concertos ofrecidos...

é tanto o que nos destes  que rematamos cheos e cheas de orgullo pola nosa

vila e as nosas xentes. Sabedes tanto, tanto, non sabemos se sodes conscientes

do privilexio que temos. Sodes libros abertos e nós dámosvos as gracias.

Para a memoria de todas e todos un recordo:

"A praia do Varadeiro" ou "Son de Cedeira" (como guste).

 

 

 

 

 

COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar,

toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas

xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é

só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos

este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz,

Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo

Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño,

ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento

para cantar todos e todas xuntas.

Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos.

Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando.

Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión.

Un proxecto de toda unha vila!

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo

e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras,

antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos...

Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se

tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas,

contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver

a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola

que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor

á terra e ás súas xentes!

De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada,

o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os protagonista das cancións infantís

son Iñaki, Carme e Simón.

Esta é unha actividade enmarcada

no proxecto documental "Música, maestro!".

 

 

 

 

 

 

TEMPO DE NADAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a

realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición

oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto,

unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo,

que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da

xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana

de tradición oral de xeneración en xeneración.

 

 José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan

as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días.

A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo.

Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira,

de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos. 

A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos

por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse)

e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares,

as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara,

Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos

por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores.

Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a

unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte.

Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo.

Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están.

 Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.

 

 

 

 

 

 

 

CADERNO DE CAMPO - 5º PRIMARIA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumando de 5º de primaria preséntanos o seu caderno

de campo de Castro Sarridal, un traballo que comezaron

documentándose na biblioteca escolar, con saída incluída. Primeiro recolleron

datos en sucio e posteriormente, corrixiron e pasaron a limpo.

Un produto final fermoso para compartir con toda a familia.

Parabéns chicas e chicos!

 

 

 

 

 

CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo,

un dos produtos finais do noso proxecto documental

integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna.

Parabéns a estes pequenos naturalistas!

 

 

 

 

 

 

CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 5º e 6º recibe outro sobre de cromos e

cambia os repetidos. Intres para compartir información,ampliar,

investigar, conversar sobre a flora e a fauna da nosa contorna.

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando

as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o

Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

XINCANA COMUNIDADE EDUCATIVA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Unhas imaxes da xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias.

 

 

 

XINCANA COAS FAMILIAS PRAIA DA MAGDALENA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

A piques de rematar o curso gozamos dunha xincana sobre o noso PDI,

pola praia e coas familias. En grupos de 3 ou 4 nenas e nenos, cun adulto

responsable, reunímonos na biblioteca para explicar as probas do padlet.

Unha aplicación coa que queremos experimentar. Os adultos levaban un

móbil e, compartida a ligazón, obtiñan as 13 probas propostas. Probas de busca,

de creacion con cunchas, identificación, escoita de sons, escritura, xogo, mapas,

baño, recollida de lixo e invasoras... Dende o móbil, gravaban sons ou fotografaban

as actividadades. Para ser o noso primeiro intento, todos o fixeron moi ben.

Quen non foi quen de mandalo ao padlet o fixo por medio dun Whatsapp.

O mellor foi a convivencia, o respecto, o pasar unha mañá xuntos.

Amosamos o resultado no PADLET.

 

Se non o ves ben, podes acceder clicando aquí! 

 

E animarte a facela xincana.

 

 
 
 
 
 
 
Feito con Padlet

CADERNO DE LAPELAS PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Os Vagalumes de 1ºC concentran o traballo realizado para o proxecto

"Aprendendo, naturalmente!" nun caderno de lapelas a modo de maletín.

Nel recollen varios ciclos, a costura dunha folla, un caderno de campo,

a paisaxe da costeira da nosa contorna, a flora e fauna que a rodea,

o álbum cos cromos realizado pola biblioteca (fotografía de

Rafael López Loureiro e subvencionado polo Concello de Cedeira)

e as fichas do trimestre, moitas delas versan sobre a flora e a fauna.

Libro convertido en xogo que de seguro será mirado e remirado durante o verán.

Un recordo bonito e moi educativo dun curso escolar.

Agradecer a colaboración de Carmen Lorenzo e

@mestraCris en algunha das pezas.

 

 

 

 

 

DE EIRUGA A BOLBORETA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Xa as temos aquí, o ciclo está na súa fase final.

Moitas delas xa puxeron os ovos e outras están a punto.

 

 

 

 

 

 

ROTEIROS SAUDABLES PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de primeiro realiza o roteiro saudable proposto

polo equipo de Educación Física, un roteiro que complementa

as actividades do proxecto "Aprendendo, naturalmente!".

Realizan a segunda parte do percorrido, pois a primeira foi realizada en días anteriores.

Podedes velos clicando aquí.

 

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA AQUARIO E MUSEO DAS CIENCIAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 1º realiza unha saída na que recollen

información para o PDI, sobre a fauna dos nosos mares.

 

 

 

 

 

ESTREANDO O CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois de rematar a creación do caderno de campo,

na aplicación Canva, o alumnado de sexto fai

unha saída á Praia da Magdalena e o estrea!

 

 

 

 

 

 

ÁLBUM E CROMOS 5 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O álbum e os cromos son un verdadeiro xoguete/producto final
para investigar. Hoxe o alumnado de 5 anos, recibe outro sobre e
intercambian cromos. Ollan as fotografías e coa axuda da súa profe,
len a información. Conversan sobre o que saben, o que non sabían,
xorden novas preguntas que hai que resolver nos libros,
na biblioteca, indagando para aprender.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro
(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
 

INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

En terceiro de primaria realizan un traballo de

investigación dos animais na materia de lingua inglesa.

 

 

 

 

 

ESPECTANTES! OVOS DE BICHO PALO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado espera espectante o nacemento dos bichos palos.

Por agora, adican o tempo a crear o ambiente para axeitado

para os ovos. Moita humidade e moita calor, día a día ollan,

esperando o su nacemento.

 

 

 

 

EU O TEÑO UN REPE! CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado continúa gozando do álbum de cromos.

Nesta ocasión, 2º de primaria, disfruta do cambio de cromos,

pois podes ter un repetido e se queres avanzar hai que cambiar.

Namentres, seguen empapándose da información

que aportan as imaxes e a lectura.

Un documento informativo da diversidade da nosa contorna.

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),

o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

ARCE - PAXARIÑOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #arce

Arce, a Asociación Amiga dos Ríos, de Cedeira achéganos un traballo

fermoso realizado cos paxariños da nosa vila. Un caderno que será unha

guía magnífica nas vindeiras saída e rutas que hai planexadas.

Cantos anduriñas veremos? E o carrizo? Estade atentos con este libro

seremos quen de identificar a moitas aves, ás nosas, ás que forman

parte da nosa fauna. Gracias Arce por tan inmenso traballo!

 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Distribuir contido