Skip to main content

CIENCIA

PLANTAMOS NA HORTA #FamiliasnaBE #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A rapazada de 2B foi á Horta acompañados da familia

de Dylan para plantar clabacins, tomates, amorodos e

caraixons. Xa comezan a medrar os primeiros amorodos

e esperamos recolectalos en poucos días.

 

 

 

 

 

 

O MUNDO POLAR - EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de tres anos emprendeu un proxecto sobre

"O mundo polar" e unha das súas actividades de experimentación

tivo a auga como fío conductor. A colleron e fase líquida e a converteron

a sólida, posteriormente a pintaron e conversaron sobre que pasaba

ao manexala e pasar o tempo. Pequenos procesos de investigación e reflexión.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA MULLER A NENA E A CIENCIA #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto experimenta coa masa e o volume.

Cunha das experiencias descobren que a masa de auga

non cambia cando cambian as formas dos recipientes.

No outro pesan e comparan a masa dunha pedra coa dunha pinza.

Calculan a densidade... Aprender facendo!

 

 

 

 

 

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA - RECURSOS EN GALEGO #11F #Igualdade #Ciencia #ODS5 #Axenda2030 #ALFIN #AMI #LerCiencianaBE #Bibliotecacreativa #AprenderaPensarnaBE #Cientificas11F #MulleresEnCiencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hai recursos que compartir, achégase o Día da Muller,

a nena e a ciencia. Ollade que recursos máis interesantes.

Toupiciencia: Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego

dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un.

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a

través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía,

a química ou as matemáticas. O proxecto conta coa colaboración de

persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo,

Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Xeoclip:materiais escolares e didácticos elaborados polo profesor

Xacobo de Toro e persoas colaboradoras.

 

 

 

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Primeira sesión dun obradoiro que durará varios recreos.

Decoramos máscaras, máns, cara e incluso as paredes

para ver as posibilidades que nos ofrece este tipo de luz.

A primeira parte levouse a cabo no espazo da biblioteca,

na sala de cociña e, xa na aula sensorial vimos

as creacións en todo o seu explendor.

 

 

 

 

 

XINCANA COAS FAMILIAS PRAIA DA MAGDALENA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

A piques de rematar o curso gozamos dunha xincana sobre o noso PDI,

pola praia e coas familias. En grupos de 3 ou 4 nenas e nenos, cun adulto

responsable, reunímonos na biblioteca para explicar as probas do padlet.

Unha aplicación coa que queremos experimentar. Os adultos levaban un

móbil e, compartida a ligazón, obtiñan as 13 probas propostas. Probas de busca,

de creacion con cunchas, identificación, escoita de sons, escritura, xogo, mapas,

baño, recollida de lixo e invasoras... Dende o móbil, gravaban sons ou fotografaban

as actividadades. Para ser o noso primeiro intento, todos o fixeron moi ben.

Quen non foi quen de mandalo ao padlet o fixo por medio dun Whatsapp.

O mellor foi a convivencia, o respecto, o pasar unha mañá xuntos.

Amosamos o resultado no PADLET.

 

Se non o ves ben, podes acceder clicando aquí! 

 

E animarte a facela xincana.

 

 
 
 
 
 
 
Feito con Padlet

ESTREANDO O CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois de rematar a creación do caderno de campo,

na aplicación Canva, o alumnado de sexto fai

unha saída á Praia da Magdalena e o estrea!

 

 

 

 

 

 

MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras

máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e

posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

ÁLBUM E CROMOS 5 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O álbum e os cromos son un verdadeiro xoguete/producto final
para investigar. Hoxe o alumnado de 5 anos, recibe outro sobre e
intercambian cromos. Ollan as fotografías e coa axuda da súa profe,
len a información. Conversan sobre o que saben, o que non sabían,
xorden novas preguntas que hai que resolver nos libros,
na biblioteca, indagando para aprender.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro
(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
 

CREAMOS UNHA BRÚXULA #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de sexto crea un compás caseiro, para ver a diferencia

entre os polos xeograficos e os polos magnéticos da Terra.

Coñecer como funciona o planeta debido ao núcleo como

un gran imán. E ademáis,  como se poñen todos os compases

alineados cara á mesma dirección, a pesar de facelos rotar,

xiralos etc. Fixeron hipóteses de que pasaría si estivesen nun

dos polos xeograficos para onde marcaria ou daria voltas...

Converteron unha agulla por magnetismo inducido en compás.

 

 

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS DO ALUMNADO @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carmen elaborou un obradoiro de Slime,

informouse ben nos libros para saber os pasos correctos,

cubriu o formulario, fixo o cartaz e deu as indicacións para

que todas e todos os apuntados fixeran o seu Slime.

Logo puideron levalo para seguir experimentando cos sentidos.

Un obradoiro pegañento, pero moi motivador. Gracias Carmen!

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Experimentan coa flotación.

Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados.

Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.

 

 

 

 

 

A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia.

O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente

durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo,

o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións...

Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón.

E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.

 

 

 

 

A IMPORTANCIA DE CONSERVAR A SEMENTE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do proxecto "Aprendendo, naturalmente!", sobre a flora e

fauna da nosa contorna, alumnado, profesorado e comunidade educativa

xa estamos na fase de documentación e recollida de datos.

Deste xeito, o alumnado de 5º manterá unha conversa sobre a importancia da

conservación das sementes, posteriormente realizarán un obradoiro de sementes

e un inxerto, a actividade estará a cargo da Asociación Lugares Comúns.

Lugares Comúns é unha asociación da nosa vila conformada por persoas de diversas

orixes que teñen como punto de encontro o respecto pola natureza.

O día 25 de febreiro ofertarán unha actividade de intercambio de sementes para toda a vila.

 

 

 

A ESTRELA DE ROSALÍA - OBRADOIRO STEAM - A MULLER, A NENA E A CIENCIA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Unión Astronómica Internacional rebautizó en 2020 a estrela HD 149143 co nome da escritora galega máis universal, a nosa Rosalía de Castro.

Este 23 de febreiro quixemos reinvindicar o gran papel que teñen nenas e mulleres na ciencia realizando un obradoiro.

Traballamos as constelacións, observamos a de Ofiuco e deseñamos un catalexo á nosa maneira.

Para poder albiscala debemos mirar cara ao norte a partir da 1 da madrugada. Desde ese momento,

e ata a saída do Sol e o seu brillo, o astro será visíbel no horizonte. A medida que nos acheguemos á primavera, 

a situación da estrela de Rosalía no ceo irase movendo cara ao sur, e despois ao oeste. Así, ao longo de marzo,

só haberá que agardar á medianoite para vela erguerse no ceo co paso das horas e indo cara ao sur.

Arredor do solsticio de verán, será visible durante as horas de noite.

Pero este non é o primeiro lugar que leva o nome da nosa ilustre escritora fóra da Terra.

Desde 1994 xa tiña un cráter en Venus, concedido no marco dunha campaña para bautizar

con nomes de muller os accidentes xeográficos deste singular planeta.

 

MARES DE CEDEIRA MUSEO - A NENA E A CIENCIA #11F #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Mareas, ese foi o título co que comezou unha tertulia levada a cabo polo Museo Mares de Cedeira,

onde representaron os efectos da Lúa na producción das mareas.

Foron tantas as preguntas da rapaza e tal o interese que o tempo estipulado quedábase curto.

Gracias Mares de Cedeira por traer ciencia á escola.

XEOLOXÍA - PROXECTO INTERCENTROS

Os Vagalumes de 4º A xa están inmersos no Proxecto Intercentros que iniciaron o curso pasado sobre o Patrimonio Inmaterial co alumnado do Ies Punta Candieira.

Comezan este ano cunha tarefa sobre xeoloxía. En grupos ou de xeito individual escolleron dous experimentos sobre a tectónica de placas. Aquí as súas exposicións.

Distribuir contido