CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal
Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos,
iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos"
un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro.
Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co
que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da
palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na
rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e
representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...).
O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros
camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis.
Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura,
con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que
se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.
Usamos a regla, medimos, trazamos, porque é importante que o
seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que
ven incorporase ao material escolar habitual.
O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado
e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando
que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.