Skip to main content

Xaneiro 2024

CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos,

iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos"

un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro.

Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co

que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da

palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na

rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e

representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...).

O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros

camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis.

Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura,

con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que

se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.

Usamos a regla, medimos, trazamos,  porque é importante que o

seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que

ven incorporase ao material escolar habitual.

 

O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado

e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando

que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDOS DÍA DA PAZ #DíadaPaz #VokuntariadonaBE #BibliotecasSolidarias #bescolaresgal #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Exposición de fondos preparada polo voluntariado de biblioteca.

Temos moitos máis! Consúltanos!

 

 

 

 

 

 

RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Presentamos a extensión da Radio Experimental,

un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast.

Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio

gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio.

Animádevos a mantelo dinamizado!

 

 

 

 

ASEMBLEAS DA INFANCIA - DÍA DA EDUCACIÓN #DiadaEducacion #UNESCO #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Coincidindo co Día da Educación, celebrouse na biblioteca unha

nova xuntanza de delegadas e delegados. Estaba na orde do día

traer consensuado das aulas unha prioridade das que foran escollidas

na reunión anterior. Ao final, quedaron empatadas tanto a limpeza da

praia como a recollida de alimentos. Pola importancia de ámbalas dúas,

a asamblea decide levalas adiante ao mesmo tempo. Acordan unha nova

reunión, para poñerse en contacto co Concello de Cedeira e comunicar a

intención desta recollida de comida e o plan que expresaron

(manter unha reunión para ver se é posible ou se ofrece/ocorre algunha

outra forma ou medida) e redactar unha carta para

comunicar cadros de limpeza da praia ás aulas.

Agradecer o excelente comportamento de tódalas persoas

presentes, saber estar, boa comunicación e recollida de acordos e posibles solucións.

 

 

 

 

 

 

 

MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA - CARLOS LABRAÑA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A pasada semana recibimos a visita dun autor moi importante para nós,

o dramaturgo que da nome á nosa biblioteca! Carlos Labraña realizou

unha mini representación da súa obra "Mambrú volveu da guera",

unha historia lida en diferentes cursos e con diferentes idades,

pero nas que todas suscita unha conversa que convida á reflexión.

Que pasou? Porqué o soldadiño estaba enterrado? Era unha persoa

esquecida, pero xa non o é. Imos coñecelo, voltarlle o seu nome,

coñecer que pasou. Reflexións que se abordaron nas aulas, na escola,

na visita e que de seguro, estenderanse ás familias.

Porque falar é un moi bo comezo. Sementemos a PAZ.

 

 

 

 

 

 

COSTURA FAMILIAS #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Familias e mestres se afanan na costura de entroido!

Os recursos do espazo argalleiro e polos creativos fan o seu traballo.

 

 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS CORPO HUMANO #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #AprenderaPensarnaBE

Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos.

A biblioteca, centro de recursos e espazo.